Soñei que a Terra estaba enfastiada de ver morrer persoas no Mediterráneo.
Soñei que a Terra tiña saudade da xeografía do xurásico, Panxea.
Soñei que a Terra decidía acelerar o movemento para reunificar continentes, para facilitar o paso do terceiro mundo cara ó primeiro, co ilusorio desexo de conseguir un segundo mundo, un único mundo menos insolidario, menos inxusto.
Cando espertei había terremotos no sur de España, se cadra tamén no norte de África.
2 comentarios:
Amigo LoRo, pásate coma a min, soñamos, e único, case, que nos queda. Nin a nos nin a outros que tamén soñan, non no fan nin puñetero caso.
Houbo un intre no pasado, que todo ía cambiar, e trabuquemonos, ou fixeron que nos trabuqueramos.
O sinxelo e decir que somos humanos, cando deberiamos decir que somos algo cabestros.
Cabestros humanos, veciño, cabestros con capacidad de soñar, que xa non é pouco.
Publicar un comentario