sábado, 6 de octubre de 2012

Próxima parada: Idade Media

Un bozo como o do caníbal Aníbal Lécter non serviría. Tería que ser un modelo que impedise falar. E, para andar libre, precisaría tamén un cinto de castidade para homes, que existe, aínda que supoño que non se usará máis que como elemento de xogo. Con quén é capaz de dicir que as leis, como as mulleres, están para violalas, todas as precaucións son poucas. As libertades de pensamento e expresión non teñen nada que ver con isto. Quen é capaz de pensar de pensar e dicir iso, merece –como mínimo– se apartado de calquera responsabilidade pública ¬–en defensa das leis– e, tamén, algunha forma de vixilancia e illamento –en defensa das mulleres–. Se o suxeito tivese unha mínima sensibilidade, nada diso sería preciso. El mismo se ocuparía de desaparecer, de non deixarse ver nunca máis. A vergonza íntima non lle deixaría. Declaracións como esa sitúannos de volta cara á Idade Media, se non na prehistoria.

lunes, 1 de octubre de 2012

Aposta por unha nova vida

Pese a todo, hai un espazo para a esperanza. Este castiñeiro que vimos hai quince días tomado polo lume, coma se fose a cheminea do inferno, ten todas as trazas de apostar por outra vida máis. Na choza que debuxa, onde antes so cabían rapaces pequenos, agora poden caber bases de baloncesto. Non sirve para amparar da chuvia porque o teito é o aire, pero aí está, aparentemente animado a seguir adiante, outros cen, mil anos máis...? Que pequenos somos! Canto mal podemos chegar a facer!

A cara do pavor



O rostro do pavor. Por non poder fuxir do lume ou por avistar a un deses seres de dúas pernas capaces de prendelo?