lunes, 27 de noviembre de 2023

Elogio de las historias encontradas

Como al buscador de perlas, al buscador de historias a veces le sonríe la fortuna y se queda a punto de pasmo, más que emocionado, conmocionado: buscaba unha historia y encuentra dos. Su única duda, si es mejor la que buscaba o la que le encontró. La duda puede esperar.


"Antonio Álvarez Blanco: dos guerras, dos países, dos mujeres" es una historia encontrada cuando buscábamos penurias de carrilanos, de niños mineros y de huérfanos del ferrocarril. Antonio Álvarez Fernández, pinche en la vía desde los 12 años, nos sorprendió con la trágica aventura vital de su padre, a quien el golpe de Estado de Franco forzó al exilio de por vida. Álvarez Blanco (1.600 visualizaciones en una semana) conoció campos de refugiados en Portugal y Francia, campo de concentración en Alemania, vida de exiliado en Toulouse. Contada por sus hijos Antonio y Anselmo, es una historia de pérdida, de búsqueda, de reencuentro, de extrañamiento, de dolor y de amor, de una singular forma de reconciliación.

Un regalo que nos sorprendió y nos emocionó. Mil gracias, Antonio.

Hace algo más de dos años, cuando recorríamos la alta Sanabria en busca de testimonios de niñas pastoras, Baldomina Montesinos nos esperaba, en Lubián, con sus emocionados recuerdos de los presos políticos haciñados en los barracones de Os Avesediños, forzados a trabajar en los túneles, condenados por ello a una muerte casi tan inmimente como un paredón de fusilamiento. 


"A menina que vía homes encadeados" fue el regalo que nos hizo la niña pastora (que contó con el apoyo de Antonio Domínguez, en paz descanse), un relato que la emocionó ("todavía los estoy viendo") y que nos conmovió profundamente.

Dos historias encontradas sobre la memoria histórica en Sanabria, dos relatos trágicos que nos marcaron, que nos demostraron que lo importante es buscar, importante para encontrar lo que buscas y, con algo de fortuna, también alguna sorpresa.

domingo, 5 de noviembre de 2023

Vidas na fronteira da supervivencia

Vai 80 ou 100 anos eran moitas as vidas que transitaban pola fronteira da supervivencia. Rapaces, mozos ou vellos traballaban de sol a sol, ás veces tamén de noite, para ter algo que comer, e non sempre o conseguían. Deso nos falan os protagonistas de "Vidas na fronteira" (aquí en debuxos de Alicia López Méndez), o documental que se proxectará en Zamora o próximo martes, día 7, no marco da Etnovideográfica23.

As dificultades de escolarización, a escasez de alimento, a fame, o contrabando ou a emigración son algúns dos asuntos tratados no documental, onde tamén hai memoria de fuxidos masacrados na serra xabresa ou recoñecemento para o traballo da muller, inda máis extensivo có do home. En "Vidas na fronteira" hai lembranzas de tempos moi duros que os protagonistas revisitan sen resentimento, con saudade da solidariedade de tempos pasados, mesmo con humor.
Hai un ano, o documental que compareceu na Etnovideográfica22 foi "Cen anos entre tres Reinos", que volveu con Cencerro do Público. Se alí a mirada se centraba en San Ciprián de Hermisende, agora, en "Vidas na fronteira" hai protagonistas de varios lugares de Sanabria e de Braganza (e de Río de Onor e Rihonor), sempre coa raia á vista, sempre coa memoria viva.

viernes, 15 de septiembre de 2023

Enfermar en Compostela? Nunca máis!

Recordo un tempo en que na atención primaria galega te daban vez para o mismo día ou para o día seguinte. Semella que foi onte pero sospeito (sei) que foi durante un bipartido co que a dereitona galega ensaiou as mentiras ata fartarse, ata convertelas na súa forma de facer política. Mentira, se non goberno, e a rúa é miña (ben sabía Fraga); se goberno, privatización. E así nos vai, coa atención primaria esmorecendo (na UVI), facendo oposicións para ser como a americana, para atender a persoas que non teñen para pagar unha consulta. Na actualidade, se consigues vez é para deica oito días, e nunca co teu médico de cabeceira. Sempre hai un substituto, que te atenderá o mellor que saiba se, oito días despois, segues enfermo e con humor para ir ata o centro de saúde, que xa se converteu nun centro onde da calafrius entrar. É por iso que non penso enfermar en Santiago nunca máis, estou case decidido. Nin noutro sitio de Galicia tampouco, porque sospeito que será a mesma conta. Para as pequenas doenzas, remedios da avoa. Para o grave, as urxencias, mentres resistan, sometidas a un permanente test de estrés polos enfermos que non se resignan a agardar oito días para ver se sanan ou morren. Claro que tamén podería porme de acordo con outros afectados pola sanidade enferma. Claro que poderiamos (deberiamos) tomar as rúas, esas rúas que a dereitona deixa libres porque privatiza (quería dicir que goberna, ou son eles os que din que o fan).

domingo, 10 de septiembre de 2023

Vidas na fronteira, na 45 Semana de Cine de Lugo

A nosa terceira longametraxe, despois de "Cen anos entre tres reinos" (Cencerro del Público na Etnovideográfica 2022) e "Rapazas pastoras na alta Sanabria" (que se exhibe este ano en Filmin), comeza a súa andaina pisando forte. Logo das proxeccións para protagonistas, familias e amigos, que se desenvolveron o pasado mes de agosto en Lubián, Hermisende e San Ciprián, "Vidas na fronteira" estréase agora para o público en xeral na 45 Semana de Cine de Lugo. Será ó próximo 20 de setembro na Biblioteca Provincial (18 horas), no marco da sección "Portugal: tan cerca, tan lonxe".

A vocación etnográfica deste documental viuse logo desbordada polas lembranzas, polas miradas e as emocións dos protagonistas (en deles xa centenario). As "Vidas na fronteira" transcorren na raia que separa lugares galegos e casteláns (en Zamora) de povos portugueses de Bragança e Vinhais, e transitan sobre a daquela fráxil liña da superviciencia. Foron, son, existencias que viviron de cerca a miseria (antes e, sobre todo, despois da Guerra Civil Española) e que souberon sobrepoñerse de forma a miúdo heroica.

Entre os recordos cotiáns de rapazas e rapaces que traballaban desde que aprendían a andar, cóanse outros que nos abren os ollos, que nos fan saber do activismo político que había antes da Guerra (mesmo nesas aldeas da fronteira), das fames que chegaron despois do golpe de Franco. Sabemos dos bos maestros que tiña a República e obtemos referencia directa do asasinato de catro ou cinco maquis na serra de Porto, case podemos ver os corpos trasladados a Padornelo, amontoados no estrado dun carro.

"Vidas na fronteira" achéganos tamén as épicas camiñadas (de ata 40 km., 12 deles baixo terra, polos túneles do ferrocarril daquela en primeira construción) na procura de pan para espantar a fame, burlando as limitacións do racionamento. E historias do contrabando, que tanto podía ser forma de vida como causa de ruina ou mesmo morte.

"Vidas na fronteira" inclúe igualmente testemuños do traballo solidario (á tornaxeira ou a axudar por axudar) e dedica un recoñecemento especial ás mulleres, que cargaban coa práctica totalidade dos labores do fogar por riba de longas xeiras na herba, na seitura, nas mallas ou guiando un arado.