domingo, 21 de noviembre de 2010

A sanidade, entre o servizo público e o negocio privado



Día de temporal, axeitado para unha manifestación que quere facerlle fronte ó temporal que embiste contra o servizo público máis esencial: a sanidade. Consignas reivindicativas como "O público é servizo, o privado é beneficio", ou "A saúde non se negocia". Ou outras cargadas de retanca ou quen sabe se de visión profética: "Aforrade para pagar a sanidade".
Cando ata en Estados Unidos fan esforzos para contar sun sistema de sanidade pública semellante ó español, en Galicia, onde Obama desde logo non é referente válido nin sequera cando vai tendo que rebaixar as súas aspiracións iniciais, estamos a ver como se volve a converter a sanidade no bo negocio que nunca deixou de ser para moitos. A boa sanidade, que a pague o que poda. A sanidade pública, para os indixentes. O problema é que, á vista de cómo evoluciona isto, os indixentes acabaremos sendo unha maioría. Así que tal vez só podamos optar entre dúas alternativas: aforrar -se podemos- para pagar a sanidade-negocio, ou mobilizarnos para procurar que siga habendo unha sanidade pública que sexa un servizo de calidade para todos.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Todos iguais?


Todos Iguais?
Ben, como é sabido, iso sempre quixo dicir que hai un máis iguais ca outros.
Neste caso, uns máis cabreados ca outros.
Tampouco hai que preocuparse moito.
Por baixo de nós, sabido é que hai outros pobos e outras bandeiras en peor situación. Por iso xa non saen na imaxe. Son invisibles.
Un exemplo?
O pobo saharahuí.

jueves, 4 de noviembre de 2010

A miña bandeira preferida























Que ninguén pense que non son patriota. Velaí miña bandeira. Con permiso de Xamón de Huelva, que tivo o feliz acordo.
Tamén estou disposto a render tributo á bandeira de xamón galego, castelán, extremeño, aragonés, etc...

martes, 2 de noviembre de 2010

Pantasma vexetal

Os castiñeiros tamén teñen medo. Será do lobo?
Seguramente, non. Seguramente terán medo do home.