Esta estendida a crenza de que a información é poder e por iso existe, a nivel xeral, a idea de que hai que estar informados. Con todo, na cultura actual onde o que non é gratis preferimos piratealo ou compartilo antes que mércalo, tamén queremos a información de balde. Un bo xornal non custa máis que un café, pero preferimos tomar o café e que nos deixen o xornal para botarlle unha ollada ou velo en Internet, aínda que non estea completo. Así ocorre que sempre hai medios de comunicación en crise e que, cando a crise se converte en norma, nas empresas de comunicación aínda se agudiza máis. Menos empregados, información de menos calidade. Medios que pechan, menos pluralidade. Medios con menor capacidade de independencia, información máis á medida do que desexan os poderes. Menos contrapoder. Menos información libre e contrastada. Adeus cuarto poder. Se os medios son en galego, daquela hai debilidades engadidas. Pola escaseza de militantes reais. Polo desprezo dos que ven na lingua propia de Galicia algo sen valor ou de menor valor. Pola resistencia da maioría dos empresarios da comunicación, que só apostan por páxinas en galego se media subvención. Ou subvención enteira. A Nosa Terra non chegou aos quioscos a semana pasada. Segue na rede, pero somos máis pobres, sen a ventada diferente dos xoves. Concienciar sobre un problema que nos afecta máis do que pensamos é o obxectivo do manifesto Os medios en galego importan, no que se reclama máis participación dos axentes sociais na defensa e mantemento de medios de comunicación en galego. Tamén se pide máis apoio á administración e, sobre todo, aos cidadáns, "os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio". Seremos capaces de renunciar a un café para mercar un xornal, unha revista en galego? Preferiremos pór o noso gran de area para que Galicia sea un sitio onde se fale só un castelán cunha estrutura gramatical penosa?
martes, 7 de septiembre de 2010
domingo, 31 de enero de 2010
Plumas e artefactos explosivos contra a lingua galega
Facendo permanentes loas dunha hipotética liberdade individual que sempre malvive condicionada por multitude de factores, o opinador no punto de mira dos violentos -que aspiran a terroristas e acabaran por selo- non é en modo algún amigo da promoción dunha lingua galega que, con todo, manexa á perfección cando participa en debates onde cre que convén usala.
Para el o galego está superprotexido, promovido en exceso. O que hai que facer é darlle absoluta liberdade á xente para que fale o que lle pete, onde lle pete e cando lle pete. E se o galego ten que morrer por falta de protección, que morra. O comentarista non deixa pasar oportunidade de usar as mellores tribunas ás que ten acceso para darlle marteladas nos dedos á lingua propia de Galicia, que non deixa de esmorecer.
Blanco Valdés non fai nada en defensa da lingua galega, salvo demostrar que sabe falala cando lle peta, e está no seu dereito cando difunde as súas ideas a este respecto. Os que arriman artefactos explosivos á súa casa, aínda fan menos polo galego. Converten ao articulista en vítima e obxecto de simpatía e solidariedade incluso dos que non comparten as súas ideas. Eu tamén estou coa vítima nestes momentos. Contra os que só coñecen a fala dos artefactos explosivos, sempre. A favor de calquera medida que evite a morte da lingua que me ensinaron os meus pais, tamén sempre. Porque igualmente aplaudo canta medida se poida poñer en marcha para protexer o patrimonio histórico e arquitectónico que nos legaron os devanceiros; cómpre salvalo de nós mesmos, da nosa liberdade para esnaquizalo. Porque creo que a lingua galega tamén merece ser salvada, contra a nosa desidia pero sobre todo contra a vontade dos que cren que so merece unha lápida coa lenda de lingua morta.
Un artigo ilustrativo sobre este asunto da lingua: "Sobrevivir en gallego", de Xosé Manuel Pereiro, presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia.
viernes, 22 de enero de 2010
A futura lingua de Galicia
Infinita tristeza contra a que só se me ocorre, polo de agora, recomendar a lectura do texto que sigue, o comunicado dun oráculo que circula por vía electrónica.
The amablingua
Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country. The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”. Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma. The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua.
This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.
So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.
At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí. And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees,be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….
Paul@
domingo, 4 de octubre de 2009
A fantasma do castelán e a reserva da lingua galega
Pese a accións de promoción que denunciaban como imposición, inmersión ou quen sabe que criminais plans de expulsión do castelán de Galicia, o castelán ten boa saúde en Galicia. Mala sintaxe, acento rariño, pero boa saúde. Non se perde, mal pecado. O galego, pola contra, vai caer máis de présa de agora en diante. Non creo que o galego dos parlamentarios e demais políticos anime a ninguén a falar galego. Non prestixian a lingua. Non son bo exemplo. Pero era a presenza da lingua galega nos medios audiovisuais, porque os escritos sempre o foron maioritariamente en castelán. Agora son cada vez máis os políticos e parlamentarios que non se senten na obriga de usar a lingua propia de Galicia. Nin no chamado Parlamento Galego. Ornamentos fóra. Viva a sinceridade. Morra o galego. Agora, a publicidade institucional comeza a facerse tamén en castelán, porque non pode haber discriminación positiva nese eido, seica. Agora, o uso do galego si que viaxa costa a abaixo e sen freos; comeza a roldar o galego como alma en pena, mesmo na administración, onde entre os mesmos funcionarios que sentían a obriga de falar galego existe agora a percepción de seren mal mirados se falan galego por norma ou por libre escolla.
Agora que nas Portelas non temos alcaldes que vexan o galego como unha vergoña que é preciso esconder, nin mestres que prohiban ós rapaces (qué rapaces?) falar galego durante os recreos. Agora pode ser o momento de convertérmonos na reserva oficial da lingua galega, o sitio onde acudan, nun futuro moi afastado (ou non tanto) os estudiosos de linguas raras, en perigo de extinción ou extintas (salvo nas reservas e nas fonotecas). Podemos ser os últimos expoñentes dunha fala mítica, como é agora o silbo canario, que aínda se aprende nas escolas de La Gomera. O silbo gomero acaba de ser declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Quen nos di que, no futuro imperfecto que nos agarda, os lugares do occidente asturiano, do Bierzo, das Portelas, Brumoso e Val de Marcos, non poden ser tamén declarados patrimonio inmaterial da Humanidade por conservar e falar unha fermosa lingua chea de matices que deixaron morrer (ou mataron) no territorio que lle era propio?
miércoles, 10 de junio de 2009
Carta aberta (e bilingüe) a Gloria Lago
Nunca pensei que chegaría a sentirme solidario con vostede. Nunca pensei que podería sentir a necesidade de manifestarme claramente da súa parte. Non obstante aquí me ten, disposto a amosar a miña solidariedade coa persoa que está a ser acosada polos fundamentalistas da lingua, os que nunca lle fixeron nin farán un favor ao progreso do uso do galego. Dicía George Orwell que liberdade de expresión é o dereito a dicir o que a xente non quere oír. Ben, pois eu creo que vostede ten dereito a crer que o castelán está en perigo en Galicia e a defender o seu uso para que o galego non o expulse. Eu, que son galego de Zamora, creo que a lingua que está realmente en perigo en Galicia e o galego. Por iso fun a manifestación convocada pola MNL e non fun a convocada por Galicia Bilingüe. Porque sempre sinto a necesidade de apostar polo máis débil e creo que, en cuestión de idiomas e en Galicia, é o galego.
Pero, por eso mismo, estoy escribiendo ahora esta carta abierta y bilingüe, porque entiendo que Gloria Lago es la parte débil, frente al poder de los cobardes violentos que no le quieren reconocer su derecho a decir lo que no quieren oír y que emplean métodos que los descalifican desde el primer momento, que los convierten en delincuentes disfrazados de defensores de una lengua a la que no hacen ningún favor. Contra quienes la amenazan por pensar como piensa y decir lo que dice, contra quienes atentan contra sus bienes y tratan de intimidarla, cuente con mi solidaridad y mi apoyo moral. Como decía Voltaire, "no estoy de acuerdo con lo que dice, pero defendería hasta la muerte su derecho a decirlo".
Salvo erros, quedan escritas arriba as primeras palabras que recolle Brumoso en castelán. Non é porque lle teña noxo á lingua na que me alfabetizaron cando fun á escola. É porque amo a lingua galega que me enseñaron os meus país, porque sinto tristeza ao ver que perde terreo na súa terra, Galicia.
viernes, 27 de junio de 2008
Felipe Lubián recibe o V Premio Vidal Bolaño pola súa defensa do Galego das Portelas
O alcalde de Lubián, Felipe Lubián recibe este sábado o V Premio Vidal Bolaño, que conceden as Redes Escarlata, pola súa defensa do Galego das Portelas. Felipe Lubián, tamén académico correspondente da RAG, obten esta nova distinción por un labor sostido no tempo a prol da lingua que se fala nos concellos de Lubián, Porto, Pías e Hermisende. Un labor que lle ten reportado tamén moitas criticas e incomprensións. Nunca reparou nesas minucias e seguiu na defensa permanente dun dos maiores tesouros da zona: a lingua que temos como propia.A acta do xurado do V Premio Roberto Vidal Bolaño, asinada polo escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, relaciona algúns dos méritos acumulados polo galardonado: “Pola súa defensa insobornable da galeguidade lingüística e cultural dos catro concellos galegófonos de Zamora en tódalas corporacións locais, provinciais e autonómicas das que formou parte desde hai 30 anos, o seu compromiso coa cultura popular, nomeadamente do teatro de base, como promotor e coordinador da Asociación Cultural Xente Nova das Portelas, e por facer de Lubián o único concello de fóra da Galicia administrativa onde o galego é lengua cooficial e da escola Tuela-Bibei de Lubián o único centro escolar de Zamora onde se ensina a Lingua Galega”.
Parabéns e saúde para seguir defendendo o máis noso durante moitos anos máis.
