Con dúas peroratas cruzadas
entre dous irmaus vamos a dar por pechada (polo menos de momento) a videoteca
de Cen anos
entre tres reinos, que seguirá por suposto a disposición de quen queira
volver a ver o documental ou calquera dos 22 curtos que, conxuntamente, fain outra
película. Nestas últimas entregas, o Elías bríndanos dúas novas pinceladas sobre o traballo dos vellos
e os rapaces, por una banda, ou o traballo
en común -do concello ou de herdeiros-para arreglar os camiños ou labrar os
caños, para facer preseiras ou reparar os muiños. A Marina revélanos a fórmula
máxica para medir
o tempo sen necesidade de reló e recórdanos os cantares
de comba (de vara de parreira, por suposto). Con estes catro vídeos xa
publicados en Cen anos
entre tres reinos, vamos a darlles un respiro ós protagonistas, ós suscriptores ia ós seguidores. O tempo dirá se é un punto e final ou solo un punto ia seguido.
En calquera caso, mutas,mutas, mutas gracias a todos, especialmente ás personas que aceptaron
compartir as súas lembranzas dos últimos cen anos entre tres antigos reinos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario