viernes, 7 de agosto de 2015

Presentación de “Amigo miedo” en San Ciprián de Hermisende y Lubián

Para los que estáis allá y para los que podáis acercaros: el próximo martes, 18 de agosto, a las 20 horas, presentación del libro Amigo miedo en la escuela de San Ciprián de Hermisende (ou na aira das Bichas, según nos diga o tempo).

Y si Lubián os va mejor: la presentación será el jueves, día 20, a las 22:30, en la Casa del Pueblo.

Amigo miedo recrea el paso del general republicano García Gómez Caminero por Sanabria, en dirección a Portugal -en julio de 1936-, al tiempo que cuenta otras variadas historias de amores y desamores, de juegos que acaban en tragedias, de violentas venganzas.

En ambas presentaciones intervendrá el escritor Emilio Gavilanes, autor experimentado y representante de Ediciones de la Discreta. En San Ciprián participará además Pepe Lera, periodista de Radio Zamora. En Lubián acompañaranos o académico correspondente da RAG Felipe Lubián.

Los interesados podrán adquirir el libro en las propias presentaciones. Después, a partir de septiembre, se podrá conseguir en la página de Ediciones de la Discreta (www.ladiscreta.com) o a través de las librerías.

lunes, 29 de junio de 2015

Outra lectura de O castelo: Kafka ahora

As miñas primeiras lecturas de Kafka, sobre todo as de O proceso, O Castelo e A metamorfose, foron especialmente desacougantes. Cos meus inocentes primeiros vinte, gozando da liberdade do primeiro ano de Universidade coma se fose un premio polos anos de encerro –como bolseiro– nun internado gobernado por relixiosos, o universo de Kafka resultaba abrumadoramente opresivo, unha atmosfera irrespirable. Levábame a un mundo absurdo onde o máis irritante era a naturalidade e a resignación coa que os protagonistas adoitaban asumir situacións absolutamente inxustas que requirían rebeldía, reacción.

A relectura de O castelo, case catro décadas despois, déixame máis preocupado ca irritado. Logo de coñecer algunhas cousas sobre o funcionamento das administracións públicas e do labor dos funcionarios, a miúdo atados polas indicacións ou pola falta de indicacións dos políticos, agora o que lle acontece a K estráñame menos, non me cabrea tanto, dáme a impresión de que a súa resignación é máis incomprensible, a única resposta posible.

O libro é o mesmo. O lector cambiou. O preocupante, agora, non é a falta de resposta contundente por parte de K. O preocupante agora é, sobre todo, a resignación do lector, a naturalidade coa que lee a absurda peripecia do protagonista, como unhas memorias dignas de crédito.

Despois da primeira lectura, onte, un respiraba fondo e podía dicirse: menos mal que a vida non é así. Un podía soñar cun futuro onde gobernase a lóxica e a racionalidade. Hoxe un case non se atreve a respirar (pode caer un novo tributo: se queren cobrar por aproveitar a calor do sol, por que non polo aire?). Un pregúntase se Kafka era outro visionario, como Orwell, que xa sabía o que se nos viña enriba. Poderes sen cara nin nome que nos gobernan –é un dicir–, troikas –outra vez a k–, políticos que seica eliximos pero dos non chegamos a saber máis do que K chega a coñecer do señor do castelo, o conde de Westwest, ou do onmipresente Klamm, que nunca chegará ver, que ninguén semella coñecer de primeiras.


Relín o libro e repaseino agora na versión cinematográfica de Michael Haneke, que ofrece unha adaptación fiel e crible. Vi a película coa mesma preocupante normalidade.

jueves, 12 de marzo de 2015

O lobo incendiario de Brumoso, á escolma de Galicia Encantada

A historia do lobo incendiario que sacábamos neste blog hai algún tempo, que logo foi recollido no portal de Galicia Encantada, acaba de entrar na escolma realizada por Antonio Reigosa que vén de publicar Edicións xerais. Das historias de lareira ou de vaqueiros e pastores (e lobos) ás historias de rede e de libro.

martes, 27 de enero de 2015

Breve enciclopedia de la infancia para emocionar e iluminar a adultos

Los amantes de las definiciones suelen decir que la novela es un genero complejo, una estructura de largo aliento, y también un producto en el caben los altibajos o, por decirlo sin tapujos, los rellenos. Se dice que el relato, por el contrario, es una luz que debe mantener la intensidad y brillar todavía más en el momento de concluir, para dejarnos los ojos todavía viéndola después de haberse apagado, después de haber concluido la lectura.

Breve enciclopedia de la infancia (Edhasa) es una novela donde Emilio Gavilanes –que también ha firmado cuentos magistrales–, no deja espacio para las páginas fofas. Es una novela de relatos con algunos capítulos tan breves como parpadeos y con historias más largas que tienen en común la intensidad y la diversidad de las emociones.

La capacidad de asombro, la peor crueldad y la mayor ternura, la acción y, sobre todo, la percepción, la oscuridad y la iluminación. Todo ello habita en Breve enciclopedia de la infancia, que ganó el último premio Tiflos. Niños valientes y padres asustados. Una ciudad en construcción y un campo que acoge la mayor parte de las vivencias del grupo de niños protagonistas y que está llamado a desaparecer, como la propia infancia, sin embargo predestinada a ocupar la mayor parte de la memoria de quienes un día no muy lejano, si el destino lo permite, serán ancianos.

A la hora de comentar y recomendar un libro así uno siente la tentación de incorporar entrecomillados para apropiarse –de algún modo– de la magia, de los hallazgos que le han hecho estremecer, vibrar, reír, temblar, llorar, emocionarse en cada página. Uno se contiene y se limita a concluir apuntando que este es uno de esos libros de los que salimos sintiendo que nos han hecho mejores, que nos recuerdan lo sabios que éramos de niños pero, también, lo incompletos que somos de adultos.

martes, 21 de octubre de 2014

Breviario filosófico do apañador de castañas

Sen TIC nin vellos e ben afastados aparellos da Inquisición, como se pode medir a capacidade de sufrimento dunha persoa?

Como se pode medir, por outra banda, a diferente duración dos segundos?

O apañador de castañas madruga. So ten un día e sabe que hai moita castaña por apañar. Antes das nove e media xa está dobrando a espiña. Cronometra. Primeira cestada, quince minutos. Anímase a si mesmo e comeza a facer contas. Se consigue una media de saco por hora podería encher nove ou dez sacadas antes de que escureza.

O apañador enche a primeira sacada nunha hora xusta, pero ten que cambiar de souto, ten que saudar a uns veciños e, cando acaba coa segunda sacada pasou máis de hora e media desde o remate da primeira. E as bisagras xa comezan a queixarse cada vez que cambia de postura. Váiselle a luz dos ollos cando se incorpora para descansar uns segundos. Sente a boca seca e traga saliva que remarguexa.

Pero unha xornada de traballo e sufrimento en soidade da moito máis de si. Ademais de erguerse e agacharse, o apañador de castañas pensa. E pensa que tiña razón Torrente cando criticaba a quen dicía: “O tren chegará dentro de breves segundos”. Os segundos son o que son, si, pero hai  veces que son máis longos ou, polo menos máis intensos.

O apañador de castañas cavila sobre isto mentres oe o inconfundible son producido polas castañas que se desprenden do bico do castiñeiro, ás veces en competición, como para ver cal chega antes á terra. O son das castañas que baixan golpeando contra as follas que achan na súa vertical da calafríos, como a música ben feita das boas películas de suspense. O apañador de castañas ten tempo para facerse varias preguntas. Será castaña? Será ourizo? Ourizo cheo de castañas? Caerame enriba? Na cabeza? Nunha orella? Nas costas? Teño ás costas descubertas? Quen me sacará os picos? Moitas preguntas para o segundo máis longo. Por iso se deben de facer tan agoniantes os días de apañota en soidade.

Contra o mediodía, o apañador de castañas so descansa media hora que aproveita para comer un par de mazas e unhas pastillas de chocolate, para resistir o esforzo sen sentar a xantar. Sabe que despois de encher o bandullo custa moitísimo volver a comezar, así que come pouco e dando un pequeno paseo, e para recoller, ó mesmo tempo, un boletus por aquí, un cocomelo por alá. Un respiro.

Segue  enchendo cestas e sacos tan axiña como pode. Con ritmo que se vai facendo cada vez máis vagaroso. Máis esforzo, menos rendemento. Consciente de que cada nova cestada e cada nova sacada requiren máis sufrimento e máis tempo que o anterior. A saliva que traga segue a ser un chisco amarga. Bebe auga da fonte do Souto, e volve a agacharse. O único relax que se permita é o breve paseo coa cesta chea ata o novo saco por encher.

Cando xa está a querer escurecer, cando se comeza a ver mal, apura para encher una cesta máis, a que necesita para encher o último saco empezado. Sete sacos, cando van dar ás 19:30. E aínda volve a apañar ata encher outra cesta que levará en equilibrio entre os sacos, na caixa do tractor, consciente de que cada vez que se moven, os sacos deixan un espazo. A experiencia conta. A cesta de propina, servirá para volvelos a encher, una vez descargados.

Para rematar, o apañador de castañas pensa que a medida da súa capacidade de sufrimento está en sete sacos de castañas. A cesta non conta. Sabe que non sería capaz de encher sete sacos con vinte años; sería capaz de encher un en menos dunha  hora, dous en menos de dúas horas, pero nunca sete nun día. Tampouco ós trinta, nin os corenta. A resistencia ó sufrimento medra cos anos. O apañador pensa que debe de estar na plenitude da resistencia ó sufrimento. Ou moi cerca.

Tamén pensa, por un instante, que tanto sufrimento tamén pode vir de tanto pensar.

Sobre a dimensión dos segundos, non sabe que máis pensar, desde que se viu con ollos dun espectador fora da súa pel, un peripatético desocupado. Viuse incorporado, coas mans cubrindo a cabeza e coa testa engurrada, á espera dun castañazo que non chegou. Patético.

PD. O apañador de castañas advirte que este breviario  non pretende ser, de ningún modo, reclamo para buscadores de apañadores. Non sabería que soldada pedir para ver pago tanto sacrificio