Cabeza de paquidermo con ollos que todo o ven e traseira de porco montés con rabo-aguillón. Alguén viu algunha vez en Brumoso un bicho tan ben armado? Eu, non. Cantos paxaros o terán mirado, primeiro cun ollo, despois co outro, antes de deixalo en paz e ir na procura dun coco menos cocón? Entre a fascinación e o noxo estivemos a estudialo Vicki e mais eu no patio das Bichas. Esa especie de dedo corazón de adulto con enormes ollos amarelos apareceu na pila onde lavabamos as leitugas, así que supuxemos que viría da horta. Tardou en deixar que puidesemos ver a súa miúda cabeza de comedor de verduras, disfrazado como andaba como un coco de meter medo. Non tiñamos formol para pensar en conservalo. Así que optamos por ofrecerllo a unha pita. O paxaro doméstico non lle tivo medo ningún ó bicho do verán, que poderíamos bautizar como o dedo que todo o ve. Seguramente medrara máis do habitual grazas á súa capacidade de amedrentar aos seus inimigos naturais. Ata que foi dar ó galiñeiro.
Mostrando entradas con la etiqueta evolución. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta evolución. Mostrar todas las entradas
domingo, 6 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
