Mostrando entradas con la etiqueta cadáver. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cadáver. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de abril de 2008

Mamá, non quero ser artista

De rapaz, eu dicía que de grande quería ser cura... para comer chocolate. Non tiña probas de que os curas comesen moito chocolate, pero algo debía de sospeitar. Despois descubrín que me gustaba escoitar as historias que me contaban os vellos. Máis adiante, comezei a gozar escribindo os contos que me contaban ou as miñas propias historias. Quixen ser artesán das palabras. Acúsome diso. Non digo que o conseguise. Mais nunca pretendín ser artista, aínda que envexo linguaxes universais como as da pintura, a escultura ou a música. Artista, non. Ultimamente, teño aínda máis motivos para fuxir desa nomeada. Se é artista ese tipo que apresa a un can vagabundo ao que ata para que morra pulcramente na sala de exposicións, á vista dos visitantes, para que non poida ir na procura de restos de comida no lixo. Eu non quero ser artista. Se é artista o que expón esculturas feitas con cadáveres. Se tamén merece ese alcume ese outro que pretende converter en estrelas da súa exposición a persoas moribundas ou que acaban de morrer, eu, decididamente, non quero ser artista.