Quixen crer que era un premio que me tocaba por bon cliente. Que a compañía de cervezas de Galicia decidirá premiarme con envíos gratis, vía aérea, a domicilio.Falsa expectativa.
A compañía só decidira aproveitar as multitudes de Señor Santiago en Santiago para facerse publicidade. Para ver se mercamos máis. Así que haberá que seguir cargando coa cerveza para matar a sede. Mirar pola ventana por se aparece outro globo ou, en caso negativo, seguir acordándose dos que decidiron ese gran disparate da Cidade da Cultura (ó fondo, sobre o lombeiro, entre as grúas) e, tamén, dos que nunca decidiron parar a máis grande dilapidación de recursos da historia de Galicia.
