O milagre continúa. As Catro pitas siguen pondo ovos en Turquía. E eu sen dar un pau na auga.
jueves, 5 de septiembre de 2013
lunes, 22 de julio de 2013
De James Joyce, Los muertos
Adoro as novelas curtas, os relatos largos, as historias que poden lerse dunha tirada, nun par de horas, pero que deixan fonda pegada, profundo recordo. Podería facer unha relación moi ampla na que non poderían faltar La perla, La mortaja, El coronel no tiene quien les escriba, Pedro Páramo, Las ratas, El viejo y el mar, Carta de una desconocida, Lo que queda de nosotros, La metamorfosis, Orso, A esmorga, El extranjero, Ronda del Guinardó, La herencia de Eszter, Dr. Jeckill y Mr. Hyde, Veinticuatro horas en la vida de una mujer, Reflejos en un ojo dorado, Mientras agonizo, Réquiem por un campesino español, El corazón de las tinieblas, Aura, Bartleby el escribiente ou La leyenda del santo bebedor, entre outros moitos. Unha listaxe á que desde agora quero sumar un relato largo, unha novela curta de James Joyce: Los muertos.
Como relato do libro Dublineses ou como protagonista dun libriño propio en Alianza cien, Los muertos é unha obra mestra, unha aparente crónica de festa de sociedade inocua que acaba por revelar unha carga de profundidade, un recordo do pasado, apenas encadeado cun fío de lembranza en forma de peza musical, que se volverá a facer presente para transformar, abofé, o presente e o futuro do protagonista. Unha demostración de como os mortos hai moitos anos seguen vivindo en nós e aínda teñen capacidade para transtornar o noso presente e para modificar o noso futuro.
Para os preguizosos que prefiran pasar a hora e pouco que leva a lectura mirando para unha pantalla poden ver o testamento de John Huston, a súa película Los muertos que, sospeito, non sería distinta se fose dirixida por Joyce. Se algunha vez resulta difícil decir que é mellor, esta é. Excelente nouvelle, excelente película.

domingo, 14 de julio de 2013
El gran Gatsby, unha descuberta serodia
Un ten que asumir cada día que non pode abarcar todo, que se vai ter que mudar cunha morea de asignaturas pendentes. O que nos axuda ás veces, para manter certa sensación de control e sabedoría, é facernos a ilusión contraria. En cuestión de lecturas, eu pensábame case un especialista na chamada Generación Perdida, logo de gozar e sufrir con case todo Faulkner, case todo Steinbeck, case todo Hemingway. Logo de ler Mientras Agonizo, Santuario, Luz de Agosto, La perla, Las uvas de la ira, De ratones y hombres, Al este del Edén, El viejo y el mar, Tener o no tener ou Por quién doblan las campañas?, logo de sufrir e gozar con outras moitas xoias destes tres grandes autores, despois de saborear tamén os relatos que o seu predecesor, Sherwoord Anderson, deixou en Winesburg, Ohio, pensaba ter cuberto esa etapa con notable alto. Ata que saber da nova versión cinematográfica de El Gran Gatsby, que non tiven desexo de ver, me levou a ler o libro de Scott Fitgerald, o autor da Generación Perdida deslumbrado polo luxo e polas festas dos ricos aínda non preparados para -ou que estaban preparando- a primeira Gran Depresión. A min sempre me chamaron máis a atención as historias dos desgraciados, os heroes de Steinbeck ou Delibes, pero teño que recoñecer que El Gran Gatsby é un fermoso libro digno de lerse, que podería ser un libro de onte criticando aos que nos levaron a esta gran crise gozando dos beneficios da especulación inmobiliaria e financeira. O libro deixame desexo de ver de novo a versión cinematográfica protagonizada por Robert Redford e Mia Farrow, sen ganas de ver a de Di Caprio, pese a saber que ten como Daisy a Carey Mulligan, a protagonista desa maxistral Drive; ou precisamente por iso: non quero ver a esa heroína interpretando á superficial Daisy de Fitgerald. Non quero. Manías dun que vai para vello. De volta os prexuizos.
domingo, 9 de junio de 2013
Unha lectura actual e imprescindible?: Intemperie
Non todos os anos se descubre un gran libro
entre as novidades editoriais. Este ano, será polo 13, hai boa sorte para a literatura española. Unha colleita para recordar. Intemperie, de
Jesús Carrasco, é un deses libros atemporais, eternos, clásicos desde o
primeiro día. Celebro ver que aínda hai editores que cren en libros publicables, modernos, onde non hai
conspiracións cibernéticas nin www.
Concordo cos que tentan sacarlle semellanzas com
Miguel Delibes ou Cormac McCarthy. No futuro, se hai bos libros, se cadra hai que sacarlle comparanza con Carrasco.
Un home (en realidade, dous: un rapaz e un vello), unha paixón
(varias, algunha ben baixa) unha paisaxe. Todo está en Intemperie. Para que a
ninguén se lle ocorra desanimarse, é un libro que vai de menos a máis, que se
cadra tarda en dar as pistas claves para enganchar. Que a ninguén se lle ocorra querer aburrirse antes da metade, con certas páxinas onde se pode ver exceso de gusto
polo detalle, pola descrición, pola palabra precisa para cada faena. O libro
medra a medida que pasamos páxinas, gaña intensidade, acumula emocións, envolve, espanta, conmove.
Libros que hai que visitar? Libros aos que sempre se debe volver? A perla, O vello e o mar, O coronel non ten quen lle escriba, As ratas, A mortaxa, Os santos inocentes, A familia de Pascual Duarte... Intemperie.
jueves, 2 de mayo de 2013
Vellos aparcados, vellos rescatados
Un deses libros aptos para todo tipo de lectores: rapaces, mozos, adultos ou vellos. Unha historia recomendable para calquera. Un regalo para acertar, incluso para alguén a quen non lle gusta moito ler. Un libro breve, sinxelo, emocionante.
As protagonistas son dúas vellas abandonadas pola súa tribu para que morran, porque xa son unha carga para o grupo, porque se supón que xa non serven para nada. Dúas vellas que demostrarán o contrario.
Non contarei máis.
A lectura debería ser sempre un acto voluntario. Non me parece que as lecturas obrigadas, tan comúns no ensino, sirvan para crear lectores. Máis ben crean mozos que odian a lectura. Pero non me resisto a subliñar que "Las dos ancianas" debería ser de obrigada lectura para as familias que andan a rescatar vellos das residencias onde os tiñan aparcados desde os tempos en que as súas pensións non eran importantes para o grupo.
sábado, 20 de abril de 2013
A miseria veu visitarnos e pensa quedar moito tempo
Tentación.
Arrepentimento preventivo.
Tentación de viaxar a países que son paraísos
exóticos, onde, en proporción, e aloxamento e a vida son baratos. Cuba, República
Dominicana, por poñer algún exemplo.
Viaxar a paraísos exclusivos, complexos para
turistas, burbullas á medida? Ou viaxar para entrar en contacto coa poboación,
coas necesidades que pasan, coas privacións. Para comprobar o que estarían
dispostos a dar por unha merda de chicle ou por outras merdas que forman parte
das nosas rutinas.
Arrepentimento preventivo.
Nunca vos pasou?
A nós, sí.
O peor da crise é que as miserias, as privacións
dos paraísos exóticos viaxaron canda nós, que nos fan sentir mal dentro da nosa
burbulla cotián. Non é preciso ver as restras de xente na cociña económica ou
nos bancos de alimentos. A pouco que un mire o que merca a xente coa que
coincide na caixa do supermercado, un logo comproba a saída das patacas, do pan
máis barato, das marcas brancas e de alimentos económicos con trazas de seren
pouco saudables.
Diante diso, se un aínda merca unhas cervezas
(para non pagar tres ou catro veces máis pola caña no bar da esquina, que vai ter
que pechar); se colles unha botella de viño de crianza, nada do outro mundo,
pouco máis de tres euros, para unha comida algo distinguida; se colles unha
libra de chocolate negro para procurar que os síntomas da depresión económica
contaxien o teu estado de ánimo...
Abofé que corres o risco de acabar con
complexo de culpa, deprimido, con ganas de comprar menos ou de preguntarlle á
caixeira cando hai menos xente, para facer unha compra semi clandestina, para
non lle dar envexa a ninguén, para non sentir culpa por estar menos mal.
Xa non te vas librar de ver miseria por non
viaxar a países afastados onde sabes que existe. As privacións viñeron e están arredor de
nós. Podes escoller entre pagar algo máis nas tendas exclusivas onde van os que
aínda viven na ilusión de que a crise non lles afecta (e se cadra teñen razón),
ou buscar as horas onde hai menos concorrencia no súper, ou usar as gafas de
sol en interiores, para ver menos e para procurar que se vexa menos a túa vergonza por non
seres –aínda– un miserable.
domingo, 7 de abril de 2013
Os dous procesos e nós
Volvo, dous meses máis tarde, coa relectura de O Proceso, que me deixou un lixeiro pouso de decepción que me fai sentir un pouco culpable, coma se estivese traicionando ao autor, ou só plenamente identificado co protagonista. Son os perigos da mitificación ou as consecuencias do ADN do libro? Tal vez só sexa o normal en relecturas con tantos anos polo medio.
Na miña memoria, O Proceso era unha historia onde primaba o arrepío, a carraxe fronte ao absurdo dun poder absoluto cebado nun inocente acusado, detido, axustizado coma un can.
Todo iso segue presente na relectura, porque non fora inventado polo lector aínda mozo. O lector case vello atopa un protagonista que semella menos inocente -quen está libre de culpas?- e descobre o protanismo das mulleres coas que se relaciona Joseph K. O señor K. é un seductor ao que arrodean e case acosan mulleres que din querer axudalo pero que, ao meu modo de ver, son tamén vítimas dun sistema corrupto. A sensualidad de moitas situacións non quedara marcada na miña memoria, máis impresionada polo proceder das maquinarias opresivas dos diferentes poderes.
Acompañei esta relectura coa revisión da película que deste libro fixo Orson Welles que, como bo xenio, soubo ser fiel a si mesmo e a Kafka. A película bebe da estética de Sed de Mal ou El Tercer hombre pero é, ao mesmo tempo, tremendamente fiel á novela, con moi poucas licencias e todas aceptables. Cruzo os dedos para que a ninguén se lle ocorra facer un novos intentos (David Hugh Jones xa fixo un que non aspiro a ver) que só poderían ser peores.
Dúas obras de arte que agardo ter a oportunidade de gozar e sufrir polo menos unha vez máis, porque non son das que se poden visitar a miúdo. Porque resultan demasiado perturbadoras, sobre todo para tempos comos os presentes, que semellan tan próximos.
E non será nestes tempos cando resultan máis necesarias estas puñadas no estómago?
Nestes procesos dise que se podería distinguir a un acusado no medio dunha multitude. Nas multitudes de hoxendía sería menos doado. Nas multitudes de hoxendía todos parecemos culpables. Todos somos preferentistas ou "recortados".
Non son persoa de buscar conclusións para as miñas lecturas, aínda menos para as relecturas; coas emocións, abóndame. Neste caso, se tivese que sacar unha lección destes procesos tería que quedarme polo menos con dúas. Os aparatos de poder sempre nos queren convencer de que, ás veces, levar cadeas é máis seguro que ser libres. A outra, creo que más relavente, apunta a que ninguén pode esperar que lle fagan xustiza. Pola xustiza non se agarda. A xustiza conquístase.
Seguinte paso, El castillo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)