Se o xornalismo fose eso que moita xente cree que é, "aquelo do que fala a xente", o asunto quedaría reducido ás formas e materias dos programas de telelixo, que son desde logo os máis comentados nas tertulias e nos bares. Pero sospeito que debe ser algo máis importante, máis molesto para os poderosos, máis perigoso para os xornalistas. Os que participan nas telelixaduras tamén se xogan o físico, expóñense a levar unha labazada que, en moitos casos, terán ben gañada. Pero os que acaban mortos ou condenados á cadea son os que seguen ás pistas para descubrir os asuntos turbios que hai detrás da política, dos gobernos, dos bancos ou das grandes multinacionais farmacéuticas, por poñer só algúns exemplos.
Hai moitas formas de definir o que é unha noticia. Unha das clásicas, importada do xornalismo de investigación, define a nova, a noticia, como algo que alguén quere ocultar. Eu engadiríalle algo: é que afecta ou interesa a outras persoas, ós cidadáns.
Xornalistas son os que tentar descubrir e publicar eses asuntos que afectan ou poden afectar á nosa economía, á nosa saúde, á nosa seguridade, ós servizos públicos. As súas novas interesan a moitos e molestan a uns poucos porque descruben corrupcións e trapalladas de variada pelaxe. Como os molestos adoitan ter poder, poden acabar por conseguir que os xornalistas sexan perseguidos, xulgados, condenados, encarcerados ou asasinados.
Rodolfo Irago e Daniel Anido son dous xornalistas da Ser condenados a un ano e nove meses de prisión -cada un- por descubrir e publicar unha afiliación masiva e irregular no PP de Villaviciosa de Odón. E un asunto algo complexo para explicalo en poucas liñas. O que desexo desde aquí e amosarlles a miña solidariedade e, ó tempo, propoñer a lectura do artigo Dos periodistas en el banquillo, onde o catedrático de Dereito Penal Enrique Gimbernat fai un analise moi atinada do caso, do proceso e do incomprensible da condena. E no xornal, El mundo, o grupo da competencia. Se fose asinado por un xornalista cabería pensar no corporativismo, niso de que can non come carne de can. Pero un catedrático de Dereito Penal debe saber do que fala. E escribe ben, para que poida entender este complexo asunto calquera, ata os xornalistas dos programas de telelixo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Xunto a miña solidadriedade coa túa.
Esta sentencia é algo que me chamou moito a atención, e nunca comprendin que puidera ser levada a cabo.
Agora, despois de ler o de Gimbernat, ainda entendo menos o Xuiz que a ditou.
Non sei se por decir o que vou decir, tamén me poden condenar a min, mais non por eso vou calar: ¿Que ideoloxia terá o Sr.Xuiz?
Non sei. O que si parece e non partidario daquelo "de luz y taquígrafos". Polo menos neste caso.
Publicar un comentario