Da man do Xacobeo 2010, volveu a neve a visitar Santiago. Din os memoriosos que hai catorce anos houbo outra nevada polo estilo. Eu creo que foi máis ben hai vintedous, e que tampouco foi para tanto. Recordo subir no 2CV pola avenida de Lugo ata San Caetano sen grandes problemas. Desta vez, pola xeada acumulada en moitas costas, a circulación foi máis complicada e máis tamén os coches atravesados nas rúas. Polo demais, fermosas estampas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
¿Oes, non terá a culpa Zapatero?
¡Estes socialistas, son capaces de todo! Incluso de escarallar o tempo.
Jo,jo, jo.
Publicar un comentario