Un novo mangado de palabras para manter o proxecto rescatador. Á espera dunha ferramenta máis axeitada, estou xuntando todas as palabras publicadas nun único documento ordenado alfabeticamente e listo para facer copias que vos sirvan para facilitar a achega de novos termos procurando non repetir (pero si completar ou matizar) os xa publicados. Recoñezo unha acusada tendencia á dispersión, a saltar dunha cousa a outra sen acabar ningunha. Con todo, quero crer que aínda non me está pasando nada deso. Penso seguir coas palabras (e palabrotas) que se me ocorran ou me mandedes. Por exemplo:
Afunilar.- Liberar funilas (ou fonilas), peidos moi cheirentos pero sen ruído; botar peidos calados.
Atopar un can cunha gorra.- pararse a leriar con alguén.
Aviacas.-Pezas que o arado leva a cada lado, por riba da rella, inclinadas cara a fóra para que a terra se abra. A súa forma serve para definir pernas tortas, como aviacas.
Bicarelo.-Sitio da xarra ou da barrila por onde se bebe. Extremo do cano da fonte de onde cae a auga ó pilón.
Bullateiro.-Pouco discreto, que sempre fai moita bulla.
Caracola.- Bullaca, excrecencia do carballo en forma de bola cuberta de engurras e picos. Os rapaces xuntaban dúas cun pao e xa era unha xunta de vacas ou as rodas dun carro.
Cichar a canelo.- Esfurricharse, escaganeirarse.
Coco relumbrón.- Lucecú.
Encartar os tarecos.- morrer (sent. Figurado).
Encombado.- Torto, retorcido, facendo comba. No galego “católico” prefiren empenado, como tamén dicimos en Brumoso.
Escucirse.-Fusgarse, desaparecer sen deixar rastro.
Emboldregarse.-Lixarse con bulleiro, bosta ou outro lixo.
Emboligarse.-Lixarse moito con bulleiro ou merda.
Espitrocar.-Furgar, buscar algo valéndose de algo aguzado. Espitrocar nun dedo para sacer un pico de orurizo, por exemplo. Tamén pode ser cunha estaca nun poulo ou nunha parede.
Fita.-Pedra pequena, chaira e de forma circular que se tira contra o tango que suxeita as moedas ou carpetas.
Fruxanco.-Buraco aberto no terreo onde se corre perigo de meter un pe e quebrar unha perna (unha pata, caso de animal). Para Horacio Rodríguez é furuxanco.
Fucafuca.- Persoa que se pasa de traballadora, que non ten paraxe, que sempre está a facer algo. Nada preguiceiro.
Furuxanco.-Buraco grande no terreo, segundo Horacio Rodríguez.
Fusgarse.- Escucirse, desaparecer.
Ir curar os pitos ó cura.- Morrer, encartalas.
Mamota.- Sapada, caída que non abre ferida pero probablemente deixa moradela: “Apañou unha mamota!”; cansazo extremo. Tamén castaña cocida con casca, coma no Gran Xerais.
Nin fode nin sae de enriba.- Indeciso; nin fode nin deixa.
Pentello.-O que no diccionario galego é “guecho de pelo ou de la”, para nós é o pelo da entreperna. Como dirían os rapaces: “Mira, xa teño pentello”.
Oxar.-Espantar as pitas para que saian do semillero ou para que vaian para o galiñeiro. Oxe, oxe!
Pórse nela (ou nel).- Foder, botarse a ela (ou a el)
Prego.- Cravo feito polo ferreiro.
Regañar a arnela.- A risa de quen non ten dentes, só raíces ou arnelas.
Resolta.- Dise da burra en celo, que anda a machos.
Ruxideira.- herba que cando está seca ten unha casula con sementes que roxen.
Talanqueira.-Vara para xogar o irá, palán. Borracheira.
Pitaroca.-Buraco, oco fondo, preferentemente nunha fraga ou nun penedo. Tamén recollido por Horacio Rodríguez
Sornexar.- Respirar mal, facendo ruído.
Zobar.-Encirrar. Zobar os cans, ou ós rapaces, para que se pelexen.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
A ver, O finado Santiago decia "regañar a arnela".
Cando eu te mando palabras e ditos, como normalmente escriboas o pensalas, non as reflexiono, e poden estar chisco liadas.
Cando sexa xa faremos de ver todo xunto, e analizalo.
No vrao podia ser boa data.
Apertas.
Aclarado e corrixido está. E xa podes ir pensando novas palabras. Por certo, intenta entrar en "Brumoso, o mapa", que está entre "Os sitios onde vou". Creo que poderás ir poñendo bandeiriñas no mapa satélite de San Ciprián nos sitios que recoñezas e aínda non estean marcados cos seus topónimos.
Apertas
Oliña Xavier, fice os deberes, comprobei as palabras e no diccionario on-line non sain, revisa ti, por si acaso, como dice o dito da nosa terra "máis vale un por si acaso que cen penseques", Alá vain:
CENCENEIRA: dícese cuando non te sintes ben, cuando teis algún malestar corporal sin identificar. Exemplo: Achaste mal, estas duente? Non, pero teño una cenceneira...
ESCOSCAR: acción que consiste en sacar os frutos daqueles alimentos que tein cásca: "escoscar chícharos".
ESPINOTAR: acción que fain coas patas de atrás os cabalos, burros, e cualquer animal que pode ser cargado, e non ten ganas de que o carguen. Tamén se pode utilizar coa xente que nunha conversa síntese atacada/o, e contesta de de ma forma.
QUIXOTE: parte da pata do corpo que se le mete o pote do caldo ou os cocidos de garbanzos. En Castromil chámase xocotó, e en castelán codillo, creo.
REBECHAR: pois non sei moi ben como definir esto, rebechan os cais, e os rapaces, podria ser algo así coma rifar xogando.
REMEXER: darle voltas ó pote da comida para que non se queime. Non confundir con "mexar" que una rapaza que foi á festa de Vilanova vai moitos anos deixerona á cargo do pote, e dixéronle "dalle uns mexos de cuando en vez" e pensou que tiña que mexarle na comida.
RIPAR: a ver, no caso dos negrillos , consiste en sacarle as follas pra cocer pos porcos. No caso dos garbanzos consiste en arrancalos da s ramiñas para despous unha vez que estén delourados de estar no sol se podan "escoscsr" pero cos pés.
PITA CEGA: son eses bichiños que hai no riu, que en castelán chámanse "zapateros".
PIZPOUTERIA: un dos nomes que ten o noso aparato reproductor femenino.
Tamén tiña escarranchar, pero para o meu asombro está recollida no diccionario galego.
Bueno, a ver si milloras as definicións que como veis non é o meu, pero intento.
Bicos pa vos!!
Te respondo aquí a lo del mapa de ayer. Con el enlace ese que has puesto la gente puede ver el mapa, pero no editarlo, para eso tenemos que invitarle alguno de los colaboradores. Yo creo que está bien porque si no cualquier gracioso nos podría "amolar o traballo".
Con lo de integrar no me refería a poner el enlace al mapa, si no que pegando en un artículo todo el codigo que te envié, cuando lo publicas aparece el mapa en una ventana dentro del artículo, como si fuese una foto.
Por cierto, que en el mapa se pueden poner comentarios, lo digo porque o Xabres puso dos y por poco no me doy cuenta. El enlace de los comentarios está encima de las estacas de la izquierda
Aprovechando que esta entrada es de palabras voy a decir dos, pero no se si estarán en el galego normativo.
GOBERNAR: Lo dice mucho la abuela Esperanza, creo que es algo como arreglar o preparar. "Baixai onde María a por aceite que hay que gobernar o polo" o "vou coller un fiu pra gobernar o mandil".
EN LUDENCIA: Esto es de parte de mi madre que dice que se lo oyó decir a tu tía Marina, creo que significa a trasluz.
Y para terminar, una sugerencia. Puedes ir ordenando todas las palabras que van saliendo en una sola entrada y así quedan todas juntas. Si le cambias la fecha al artículo por la del día, se pondrá el primero, como si fuese nuevo.
¡Un saludo!.
Grazas mil pola nova remesa, que se me estaba a acabar o crédito. Escoscar creo que xa está publicada, pero as restantes veñen ó pelo. Por certo, iso do aparato reprodutor será pizpouteira ou é pizpouteria? Define o conxunto ou unha parte concreta do aparato, eh? (non é morbo, é afán de precisión)
Saúdos.
Gracias tamén polas túas palabras,Lete (a tía Esperanza seguro que podería aportar moitas), grazas polas explicacións e pola suxerencia. Xa tiña pensado o de xuntar todas as palabras. En realidade xa as teño todas nun único word; o que pasa é que será un chourizo interminable e fará mal efecto. Probaremos. E convertiremos o mapa nunha imaxe, cando publiquemos unha oleada de topónimos, porque todos no mapa non caberán.
Un abrazo.
Estarei fóra durante uns días (así que se non contesto novos comentarios será por iso)
Pous en realidade non o se, porque cuando oiví esa palabra por primeira vez foi cuando o Loy me cuntou como a pobre Tia Filomena, foi victima dunha broma pesada por parte do seu irmau o que non era o Ti Celso, que agora non me lembro de como se chamaba. Pous o susodicho, cenando unha noute a luz das brasas da lareira, tiroule unha patata a pobre Filomena, mentras le decía "Filomena, abre as pernas", o que a cutadiña fezo o que le manderan, ya cuando sentiu a patata escaldando naqueles lares pechou as pernas ya escaldou a pizpouteria8fijo que se escribe asi). Cuando preguntei o quei, dixéronme sólo sinónimos, coma a ferragacha ya a cousa, asi que supoño que será a parte visible do oparato reproductor femenino no seu conxunto. Xa le preguntarei a María a ver si sabe, ya si non xa porei nun apuro a Nica ou a Baldomina.
Bicos
Publicar un comentario