jueves, 12 de junio de 2008

Os labores da terra: ferramentas, traballos e colleitas

A decrúa e as matanzas, atar mañuzos de herba na pallarega durante o inverno e a sementeira, no remate do verán, son algúns dos labores que faciamos en Brumoso. Faenas, traballos e colleitas. Ferramentas empregadas para cada labor. ¿Quen vai crer como faciamos as airas, con caldeiradas de bosta e emboldregadas baleadeiras, se non o contamos polo miúdo? ¿Como poderemos nós facernos unha idea cabal sobre os labores relacionados co liño se non facemos que nolo conten unha vez os maiores? Cada vez quedan menos persoas que acorden como eran as mallas a golpe de mallo. Teño gana de recordar como arabamos coas vacas, co arado romano ou coa charrúa, antes de que chegaran os tractores para anunciar o comezo da fin.Quero lembrar a sega da herba e a seitura: moita calor, borrallo e suor. Quero recordar tamén labores gozosas como as de lavar as mantas ou facer as preseiras, no mes de agosto, porque marcaban o fin dos labores máis atafegantes. Creo que non tendo a mitificar a vida da aldea fronte á da cidade, pero aínda hoxe boto de menos as posibilidades de sentirse limpo e novo que nos deixaban algúns labores nos que un acababa tan cheo de po que podía pasar por negro. Para apreciar a limpeza, non hai como estar lixoso por algo que a auga lave con facilidade, como é a terra. Para apreciar o descanso, non hai como estar antes fisicamente esgotado, despois dunha mañá segando herba.


Imos repasar, desde aquí, aqueles tempos onde todos tiñamos ducias de oficios de pouco rendemento. Había tarefas aburridas, sobre todo para os rapaces, porque implicaban soidade. Por exemplo ir coas vacas para unha faceira onde non había máis ninguén. Pola contra, había outras faenas que se facían máis levadías por ser traballos en común, por exemplo as mallas. Labores case exclusivas da mulleres, como tosquiar as ovellas ou cocer o pan no forno. E traballos máis propios dos homes, como tirar de gadaña ou sacar esterco das cortes. Entre rescate de palabras e rescate de nomes dos sitios, imos rescatar tamén os modos de facer o que faciamos en Brumoso cando eramos mozos, hai trinta, corenta anos. Onte.

8 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Eii!, Os tres feligreses.¡que cara de pilla ten a Fernanda.
A raiz do comentario do "cagadeiro"de Trasil, ocurriuseme falar de a maneira como se fixo, o que se conoce ahora. Publicarei o post, oxe ou mañá.Outra cousa, a idea de escribir sobre a aldea foi precisamente para ir metendo "palabros" que se me acordan.
Apertas

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Queres dicir que, se se me acaban os palabros, podo rebuscar nas túas entradas galegas? Creo que xa rescatei algunha de aí. E máis que sairán.
Saúdos

Xabres da Teixeira dijo...

Quedas desde hoixe(Ui que carallo, esto de transcribir o idioma de Val dos Marcos podeme levar a cadea idiomática), autorizado a facer o uso que queiras, dos palabros que eu poño,¡ollo, que alguns invento-os!.
De todolos xeitos, eu quero recoller caseque todo o que teño no blog, dacordo co meu fillo, e despois veremos que facemo con él. O de facer un diccionario de termos e modismos dalí(Non o pintor) non é ma idea, hasta o mellor poderiase editar.Posibilidades para elo teño.
Outra cousa, xa que andamos nestas lerias, poderiamos correxir algunhas cousas, dixeramos pouco cientificas, que saen as veces da zona, incluso na páxina do axuntamento, e nalgúns articulos de mais enxundia, editados por Puebla ou Zamora. Como non me da a gana de falar deles aiqui, quedamos emplazados para o vrao, na capital de V.d.M.
Unha aperta

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Cunha escolla dos soños e das lembranzas propias e alleas que levas publicado xa poderías, Xabrés, ensarillar un interesante e orixinal libro de crónicas. Sobre o do diccionario das nosas palabras son máis pesimista. O de estar en terra de naide ten vataxes e desvantaxes. Estes tesouros deberían ser buscados e gardados pola Deputación de Zamora; pero nas institucións zamoranas as nosas peculiaridades linguïsticas producen urticaria; nas de Galicia, creo que algunha indiferencia,a estas alturas. Se cadra estou pesimista de máis, pero creo que non.

Louxeiro dijo...

¡Hombres de poca fe! Os olvidais del museo etnográfico de Castilla y León, hace unos meses les hicieron unsa entrevistas a Xon, Teresita y Marina hablando en el gallego de nuestra tierra y parece que andan interesados en que no se pierda este habla.
Hablaré con Joselito y ya veremos.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A ver se me fas crer en milagres, ho!
Un abrazo

Nane Nane dijo...

Uy que carallo, tanto falar de labranzas, pero nin o Xabrés nin voÇe viñesteis os caños este fin de semana, jejej, que por certo é a primeira vez que me deixan facer algo ya vaya traballeira, é admirable como as nosas mulleriñas andaban por os lamacais con esa enchenta de anos que levan na pel...Destaco a Tia Dominica que xa le dixe que le vou facer un club de fans, porque os seus 88 anos é increible que faga o que fai.
Respecto o diccionario, non sei se sabedes que as nosas palabras, están recollidas no diccionario do Estraviz, o meu profesor de lingüística galega, que ademáis de ser unha eminencia no seu é unha bella persona, podo pedirle axuda se quereis, e vos podeis entrar no seu diccionario on-line pondo no google o seu apelido (Estraviz).
Outra cousiña, se me permites xavier. Palpei certo cabreo con alguis comentarios que facemos no teu blog e no do Xabrés, penso según o meu entender, que non foron ben entendidos, eu intentei explicarlo. A si que dende aqui, tómome a liberdade de decirvos a todos os que leeis estes blogs, que son públicos, e todo o mundo pode ler o que nos escribimos, e o que non esté conforme que exprese libremente a sua opinión, que estás cousas non son para meterse con naide, son para que os novos sepamos de donde vemos, e aprendamos todo aquelo que facían os nosos antepasados...ay, ninca chove a gusto de todos!!!
En fin, eu vou seguir sendo rescatadora, e espero que os que escribís estas cousas tan bonitas, non o deixeis de facer, porque por lo menos a min, alegraisme o día, e estou aprendendo muto.
Bico vai!!!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Se un pensa moito o que vai dicir ou facer, se un calibre a quen pode molestar, acabaría por nin dicir nin facer nada. A peor das censuras é a autocensura. A bote pronto, un pode equivocarse. Se é o caso, pode desdecirse, incluso pedir desculpas, se cre que debe facelo. Non son consciente de que nos teñamos pasado de rosca, pero todo pode ser.
Mirei no Estraviz e quedei máis tranquilo despois de ver que moitas das nosas palabrotas non están recollidas. A min non me importa que lle deas a dirección, se queres; se quere servirse de nós, ben; se nos convence de que o traballo xa está feito, tamén.
Bico.