-¡Seica houbo un tremor de terra e non nos demos conta! ¡Vai ser certo que andamos sempre coa cabeza a paxaros!
-¿E logo por que o dis?
-¡Por eses edificios estrombados! ¡So un terremoto puido facer algo así!
-¡Non están estrombados! ¡Estanos a levantar! ¡Son cousas da arquitectura moderna!
Que llo oíra dicir días atrás a una miorla moi sabichona. Unha miorla que facía plans para converter os tellados da Cidade da Cultura en esvaradoiros xigantes onde xogar a todas horas, ao tempo que criticaba outros plans que coñecía dos humanos: “Haberá un teleférico desde o parque de Belvís ata a Cidade da Cultura”
-¡É que a xente non sabe que facer se non é arremedarnos!
-¡Vaiche preparando, como lles dea por poñerse plumas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario