Se non fora pola súa memoria prodigiosa e pola súa xenerosidade como contador, moitas historias doutros tempos estarían xa hoxe, sen máis fiadeiros que as canles de televisión, irremediablemente esquecidas. As historias do seu pai e as da súa avoa Juliana e outras que foi recollendo e contando, máis ou menos “vestidas”, a todo o que quixo escoitalas.
Coñeceu tempos de miserias e tempos de novas tecnologías, e atopou sempre quen o escoitara, quen apuntara, quen gravara ou quen filmara as súas historias. Hoxe, por sorte pero sobre todo grazas á súa disposición sempre entusiasta, xa e máis difícil que se perdan. Están nas hemerotecas e nas videotecas, tamén nas caixas de recordos especiais que gardan os seus amigos.
Para mostra, ese programa que nos acaba de regalar TVE a través desa reserva de boa televisión que é a 2, Cuadernos de paso –gracias, Lete, por facilitarnos a revisión-. Unha fermosa reportaxe que nos volve a achegar a entrañable figura de Horacio Rodríguez, a súa voz agarimosa e a súa sabiduría de contador. Amigo Horacio, sempre estarás con nós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Aquí dejo el enlace al programa completo, a ver si se ve. Ya le quedará poco para que lo quiten así que aprovechad.
REPORTAJE COMPLETO
Lo de quitar el ruido a las grabaciones lo puedo intentar con un programa que he bajado, pero que conste que de sonido no tengo ni idea, lo mio es "desbrozar" fotos antiguas y esas cosas. Mándame algo y lo pruebo.
Se ve, se ve. Gracias.
Hola a todos os brumosos, creerme si os digo k ahora mismo estoy emocionada al fin gracias a vosotros pude ver a horacio en cuadernos de paso , ya k aki no fue posible verle en la tele, por ser distinta comunidad, muchisimas gracias otra vez y un bikiño para todos.
As veces queda un mudo..eu pasei tempo co Tati, muto, ainda que agora penso que non foi o suficiente...non sei se por estar sempre con él, pensaba que estaría comigo toda a vida e non se me ocurriu nin facerle fotos, nin facerle vidios....é o que hai, todo o que teño del, a demáis de libros que me regalou son as suas cousas na miña cabeciña, solo espero que non se borren do meu disco duro, e ainda que non cunto as cousas co mesmo encanto, pero podreile cuntar contos os meus fillos, e os meus nenos...Vi o programa completo, entre bágoas e sorrisos...e deime conta de que este ano non ia poder decirle que o meu examen da opo saiume ben, e que pronto ia poder impartir os seus coñecementos...e que si fixen maxisterio foi porque a demais de gustarme muto os nenos, algún dia quixera ser una boa maestra coma era él..a si que dende aiquí decirlle que non vamos deixar que se perda todo o seu traballo, que foi muto, ya ben feito..
Nada máis, un bico para voçe, e outro para os teus lectores, en especias para a nova escritora Alicia, que parece que de expresarse ben vai na xenética.
Nane Nane
Agardo que, ademais de ben, o exame che saia con praza ou (como mal menor), con lista para ir entrando.
Bicos
Gracias a todos por non olvidar o meu querido avo, por recordar o especial que era, e por a riqueza q tiñan as suas palabras e a sua sabidurìa.
sempre o recordaremos este onde este sempre estarà o noso lado.
gracias a todos.FAMILIA DE HORACIO
Os que coñecimos e tratamos a Horacio non podemos deixar de recordalo con agarimo. Gañounos para sempre coa súa forma de ser, día a día. Cando non quedemos os que o coñecimos e tratamos, quedará a súa lenda. Por moito tempo, estou seguro. Tamén a gañou el.
Publicar un comentario