martes, 17 de junio de 2008

Nova chamouzada de palabras vellas. Vocabulario de Brumoso VI

Acalcañar.-En sentido festivo, cando da couces un animal. Cando o calcetín está fora de sitio, co calcañar no sitio onde debería estar a canela. Cando un se calza a medias, sen meter o calcañar dentro no zapato, que queda convertido nunha especia de chancla, acalcañado.
Aconchegar.- Ademais de arrimar a porta sen pechala, ademais de cubrir, acoller ou tapar, aconchegar é tamén case fartar; cando unha vaca (ou persoa) xa está case farte dise que xa vai aconchegada.
Afrascar.-Capturar, cazar, dominar.
Amalloar.-Ademais de atar os amallós, amalloar unha leira é facer montóns con terróns para indicar que non está de libre pasto, que está coutada para ser pacida polo gando do propietario
Bácora.- Nome coloquial que se da a unha troita xeitosa, ademais do que levaría unha cría de porco femia.
Catrapocho.- Castiñeiro (ou carballo) que cae a bocados, seco e podre.
Chafurrar.- Meter unha cousa ou persoa nun sitio onde non semellaba doado atinar ou onde non era doado que coupese.
Cenceneira.- Dor de cabeza, o que os finos chaman xaqueca: “teño una cenceneira”...
Ceprinar.-Volcar, tirar, especialmente un líquido ou unha masa.
Delouro.-É o claro entre treboada e treboada, o espazo que pode servir para delourar algo mollado.
Desacencido.-O que anda acelerado, sen paraxe, dun sitio para outro.
Derreigar.- Traballar duro, por exemplo arrincando torgos e carqueixas para facer unha bouza no monte.
Derreado.-Un está derreado, esgotado, despois de andar derreigando todo o día.
Engaliotarse.- Engarrarse, loitar. Nos dicimos luta.
Estremallagota.-Gran cantidade dunha cousa, especialmente castañas, esparexidas polo chan.
Escachouzar.-Cando a potada ferve a todo meter, está escachouzando. No diccionario de Horacio é escachoar.
Escancarar.-Abrir, especialmente unha porta, de par en par.
Espinotar.-O que fan as cabalerías para fuxir da carga ou para botar o xinete ao chan. Tamén se utilizar referido á xente que se alporiza por sentirse atacada nunha conversa, polo que contesta de forma violenta, espinotando.
Esturriado.-Pasou de asado e está revido, medio chamuscado.
Ludencia, en.- Ao trasluz.
Luta.- Loita. Pode ser de broma ou en serio; é xogar para ver quen podía máis, a ver quen pinchaba a quen e quedaba por riba, pero tamén unha agarrada en serio, a ver quen bate máis no outro.
Niu.-Onde pon os ovos o paxaro. O da pita é niadeiro.
Pita cega.- Insecto camiña sobre a auga. Iso que en castelán chama "zapateros".
Pizpouteria.-Un dos nomes que se lle aplica ao aparato reproductor feminino. No palabrario de Horacio Rodríguez é dispouteria. Ferragacha, perrecha, cousa.
Rebechar.-A xogueta tan propia dos cativos e dos animais nas primeiras fases da vida. Aparece no Gran Xerais como sinónimo de brincar. Rebechan os cadelos e os vitelos, os cabritos e os cordeiros e, por suposto, os rapaces; xogar a engaliotarse.
Ripar.-Sacarlle a folla ós negrillos (antes de que os comese a praga que acabou con eles), que se cocían para alimentar os porcos. No caso dos garbanzos consiste en arrancalos das plantas; paso previo a escoscalos pisándoos cos pés, unha vez ben delourados.
Xocotó.- En Castromil, parte da pata do porco que bota o pote do caldo ou os cocidos de garavanzos. O que nós chamamos quixote e en Hermisende cousillote.
Zarrapastro.- Persoa que non se enfeita nada, que anda de calquera maneira, coa roupa lixada, o calzado acalcañado e lixoso, por exemplo

8 comentarios:

XESÚS MANUEL MARCOS dijo...

Xabier, acabo de ver na 2 de TVE un programa sobre Sanabria. Aparecía o seu San Ciprián de Hermisende.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Puiden velo, aínda que xa comezado. O contador, Horacio, foi unha das miñas principais inspiracións para querer escribir. Foi un gran contador de historias. Morreu hai dez meses, pero segue vivo na memoria dos moitos amigos que tivo.

Xabres da Teixeira dijo...

Hello!,Teño mais palabros, pero o caso é que estan xuntas coas anteriores. Teño que facer algo, seguramnente artellarei nunha folla de calculo. A ver.Eu tamen cheguei tarde o programa da 2ª, ainda me dou tempo a ver a Horacio.
Algún dia farei unha reseña dos días de caza xuntos e algunha carallada mais. Teño dúas cintas grabadas con charlas co él.
¡Era un gran Argallador de contos!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A Horacio e as súas historias temos que facerlle un homenaxe este verán (xa case un ano sen el). Esa reseña (ademais da publicación na túa páxina) podería formar parte dalgún especial en prensa que andamos tratando de argallar (El Noroeste e, tal vez, La Opinión de Zamora); especiais e homenaxe para os que tamén agardamos contar con Eva, naturalmente.

marian dijo...

javier, te mando un beso y animos, para ti y todos los tuyos.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gracias, Marian.

Lete F. dijo...

Hola a todos. Después de unos días peleándome con las nuevas tecnologías, he conseguido "sustraer" de la web de RTVE el trozo de Horacio del reportaje y lo he colgado en una página (no es youtube porque no iba bien). Aquí os dejo el enlace:

VIDEO HORACIO

A veces va a trompicones, pero no aporreéis vuestros ordenadores, que es por culpa del mio que está algo escarallado.
Y en la web de RTVE está el programa entero, pero solo por unos días. Buscadlo por "Cuadernos de paso".

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gracias por ponerlo más fácil. Lo ví y estoy intentando conseguir una copia de la TVE en Galicia, aunque no sé si lo lograré. Guarda el vídeo, por si acaso, porque creo que estaría bien disponer de él para el homenaje (recordatorio) que le debemos a Horacio. Para este próximo agosto. Con tu permiso, de momento, lo voy a sacar también a la portada de Brumoso. También estaba pensando recabar tus habilidades con las TIC para ver si serías capaz de quitar ruidos a documentos de audio (con Horacio), cintas magnéticas que pasé a grabadora digital a los bruto; el resultado es un sonido bastante mejorable, pero contienen pasajes que me gustaría compartir con todos en ese homenaje de aniversario. Si crees que puedes intentarlo, me lo dices y te mando por correo alguno para que pruebes. De acuerdo?
Saludos