domingo, 22 de junio de 2008

Estourotes en África? Burros galegos pintados con raias?

Se cadra en África tamén hai esa flor que nós chamamos estourote ou estalote. Se cadra en Galicia hai algún burro pintado con raias. Pero os animais da foto son cebras de verdade, e están en Galicia. Alicia vaivos contar algo do que viu no parque de Marcelle (Lugo), onde foi de excursión de fin de curso. Ela foi a reporteira gráfica. Creo que lle chamou a atención ás cebras para que mirasen á cámara, pero as burras raiadas preferiron seguir rañando.

Son Alicia. Cando fun ao parque de Marcelle fixeron grupos, e a cada un deses grupos chamáronlles porcos,tipis... O meu grupo era o dos tipis, que son tendas dos indios.O primeiro que vimos foi unha avestruz. Os titores mandáronnos debuxar algunha cousa nun bocadiño de madeira que nos deron, e dixeron que nos daría sorte. Despois vimos unhas cebras, e un lince que debía de ser tímido porque non se quería deixar ver. A nosa titora Marta ensinounos a cantar algunhas cancións que adoitaban cantar os indios. Despois vimos outros animais, entre eles unha Llama. Tamén visitamos un reptilario e vimos crocodilos e unha boa que non sei se era boa ou mala; a min non me fixo mal. Despois fúmonos a xantar. E a continuación volvemos a unha reserva onde había moitos animais soltos. O que máis me gustou foron as cebras e as avestruces. Estou desexando volver.

3 comentarios:

Lete F. dijo...

¡Ali, menuda artista estás feita!, una foto ben bonita co estourote en primer plano. O millor as cebras estaban a buscar cocomelos. Tiñas que haberles dito que non e temporada, o millor así faciante caso.
Un bico de parte de "Os Rapaces".

Xabres da Teixeira dijo...

Amiga Alicia, se xa non me tes medo, cando volvas a ir lévame contigo, nun sitio de eses, seguramente non desentono. VEXO QUE CHE GOSTAN OS NIMALES, ESO ESTÁ MOI BEN, DEBERÁS ESTUDIAR PARA VETERINARIA, E LOGO CURALOS.
Bicos.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Alicia dice:

Eu non quero ser veterinaria; antes quero ser médica. Bicos