domingo, 1 de junio de 2008

E que hai dos nomes dos sitios? Nos imos saber por onde andamos

Se perdemos as nosas palabras volveremos a ser como nenos: falaremos do couso ese ou da cousa aquela; teremos que valernos de acenos. E os sitios que? Como imos chamarlle ós sitios cando se nos escuzan os nomes? Teremos que referirnos ós puntos cardinais? Non é nada doado, en canto se sae dos catro principais. É máis doado falar de nomes concretos e de sitios concretos, sempre. Leiras e faceiras, prados e touzas, lamas e lameiros, cavocas e cavocos, pestanas e sarritáns, todo tiña un nome é, a estas alturas, moitos xa non son para nós máis que vultos no horizonte. Creo que debemos tentar recuperar algúns, aínda que só sexa para poder contar con máis palabras os sitios onde estivemos cando saiamos de camiñada. Pero debemos facelo achegando datos suficientes para a súa localización, porque un topónimo sen localización e como unha palabra sen significado. Nada.

Sabemos os nomes de todos os lugares que hai arredor do lugar? Sabemos onde está A Abeneira? Eu non estou seguro. A Canada do Souto, si. O Cortiñeiro, Trasil, a Costa, o Outeiro. Pero seguro que hai outros nomes de sitios que esquecemos ou que nunca soubemos. Hai nomes tan fermosos que merecerían ser conservados porque sí, por exemplo o da Serra Garrida, que non sempre estaría chea de garridas pero tiña sempre un fermoso nome. Eu, que xa vou curado, dubido: xa non sei se está por riba do Couto ou dos Millais cara a Lagoas (non, aí están Os Garridos, a Serra Garrida vai estar ó outro lado do río). O Penedo de Mourón merecería toda unha mitoloxía, como o castelo de Rechouso ou o Castelo de Rebordelo. Penacova, O Carruceiro, A Gurgoza, Os Corzos, Barxa de Bois, Campelo, as Fragas do Corvo, as Pestanas do Carballal, Cabeza das Fontes, a Cerragatosa, a Cruz de Pedra, a Fraga Furada, as Carbuizas, As Almas, O Piñeiro. Unha chea de localizacións con nomes propios que agardan ser definidas para non quedar baixo o común nome de monte. As Teixugueiras, Fonte das Cubas, A Canle, Pombariño e As Pombeiras. O Viñal e As Mioquiñas. O Salgueiro. Sen esquecer as palabras, que deben ter prioridade, definamos tamén os sitios de San Ciprián. Vai?

15 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Boas tardes. Acabo de chegar de Val dos Marcos, onde estiven este fin de semana, coa sana idea de afrascar algunha bácora, mais a cousa resulto infructuosa.¡Comeremos berzas!.
Vou darte o nome de una pedra que hay no fondo das Carbuizas, xa cerca da purtela da Astante: A Fraga da Armadeira, e por alí cerca tamen anda a Fraga Balastreira. Eu eses nomes coñezo-os dada a miña aficción a caza.
A Serra Garrida e perto do couto, xusto donde habia unha casa, inda estan os restos. Os Garridos son camiño de Lagoas, xusto onde está parte de infame canteira.
¿Que tal cos nenos?
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Cos nenos, ben; tes algo deso na entrada anterior. Gras por eses nomes de sitios; apuntareinos para a primeira entrega da toponimia; con palabras que van saíndo en calquera momento: bácora, garridas (flores, en xeral, creo). Por certo, vas ter que sobornarme para que acepte Xofletofele como desatascador (se non tiñamos cañerías para que precisabamos un aparello cun nome tan atascado. Confesa que a inventaste)
Apertas.

Xabres da Teixeira dijo...

Entono o mea culpa polo Xofletofle, non é da nosa zona,oinlo a unha mullerde Fornelos de Montes.
Hai un aparello que se puña detrás do lume en lugar do trafugueiro, que era de ferro, e que nos lados tiña para colgar, o atizador, e as teazas, e xa vai tempo que penso nel,mais non dou co nome.A ver se alguen o recorda.

Lete F. dijo...

Hola Xavier, hasta agora entrei no teu blog coma gato polas brasas, mais vindo esta entrada sobre lugares tive a necesidade de por un comentario (no meu galego do reino leonés, que e mezcla do de Brumoso, do que aprendín cos teus libros e cos dibuxos animados da TVG).
Pensei que pra localizar todos eses lugares podíase utilizar o Google Maps. Estive mirando como vai e pódense por puntos concretos, perímetros e rutas. De momento o puse privado, mais podo mandar invitacións a vosos correos pra facervos colaboradores.
So necesitais una conta de Google (ti xa a tens, e a que usas co blog). Despois enviadesme o correo que usadeis pra entrar nesa conta e logo eu vos envío a invitación coa dirección do mapa. Una vez alí so teis que darlle o botón de editar e xa podeis por lugares. Ademáis vos mismos podeis invitar a outros.
De momento puse A Veiguiña, Penacova e Penascada.
A verdade e que non e mi doado de ver os lugares co esa vista via satelite, o ideal sería ter un GPS e ir patear os lugares pra apuntar as coordenadas.
Un saludo.
Ah, son o Lete, por si non quedaba claro.

Lete F. dijo...

¡Esquecime de por o meu correo!,es denguelstudios(ARROBA)hotmail.com (a arroba a puse con letras pra que non o detecten os correos basura).

Javier Lopez Rodríguez dijo...

!Boa sorpresa, rapaz! ¡Benvido a esta buraca electrónica! Non entendo moi ben as posibilidades que pode achegar o google-maps nesta proposta, pero desde logo que estou disposto a probar. Mándoche o meu correo por correo. Tamén lle teño algo de medo ó spam (non sabía que unha medida de seguridade era non usar o signo. ¿é segura?).
Grazas pola idea, e por entrar sen disfraz de gato pisando brasas.
Un abrazo.

Lete F. dijo...

Xa mandeite a invitación.
O do spam o ouví por ahí. Debe consistir en que hay programas de rastreo ou algo así que buscan direccións escritas en internet, e claro, as identifican grazas a arroba. Solo es una medida pra cando tens que escribirla en un texto de internet, pra registrarte en paxinas xa hay que por a arroba.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Xa puxen unha chea de sitios. Xa me dirás se ben ou mal. Está moi entretido, pero ás veces non é doado localizar os sitios. O Xabrés da Teixeira si que podería colaborar neste mapa. A ver se se anima e che manda o correo.

Nane Nane dijo...

Oliña rescatadores do noso mundo!!!
A ver, vai tres anos, na asignatura de galego, a parte do examen escrito tíñamos que facer unha exposición oral do que quixéramos, a única condición era que durera alomenos 30 minutos, como xa sabeis os que me coñeceis falar para min non é un problema, ainda que non dega nada interesante...a si que a miña idea foi intentar que os meus compañeiros souperan o que era un pueblo de verdai, xa que ainda que pareeza mentira a maioria non tiña aldea... fui onde o Tati, e pedile parecer. Unha vez máis, con toda esa paciencia que tiña comigo, díxome que a millor maneira era empezar por os nomes dos sitios, e o seu significado. Non están todos os lugares, pero sí aqueles con nomes curiosos como "o penedo mourón" o que te referías a "Xan macía" e outros así. Cuando vaia á casiña, traio o traballo e deixoto se queres, porque recoñezo que para esta misión eu non vou a poder facer muto máis que aprender todo o que me enseñeis.
O meu sitio favorito de pequena, ainda que sin saber onde quedaba era a "fraga do rolo", sempre me decían que pesaba tanto coma ela,jejej.
Mil bicos a todos

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Onde está a fraga do Rolo? Agora mismo tampouco sei. Da Xamacía, sí, tiñamos leira: é unha faceiriña de tres leiras que está onde empeza cavova do Bedulo, entre a Centinela e a Teturiña. Se tes unha toponimia con significados achegados polo Horacio, será fantástico publicala, aínda que teñan máis de fábula que de historia (ou precisamente por iso). É unha bonita forma de ir preparando o homenaxe que temos que facerlle este mes de agosto. Bicos

Xabres da Teixeira dijo...

A ver queridiños; a Fraga do Rolo está no vello camiño de Castromil, despois de Rechouso, mais ou menos na linde dos dous términos locais. E unha fraga rachada por un raio, que creo que tamén se chama a Fraga Rachada. Hai outro Rolo no termino de Castromil lindando con Carballoso.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Grazas polo explicación. Mándalle o teu correo (se queres) a Lete para que te faga asociado a un mapa de Google Maps para que te entreteñas colocando nomes de topónimos do lugar. Creo que podería facelo eu, pero como non seu asociarte, mellor se o fai el.
Apertas

Lete F. dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Lete F. dijo...

Hola otra vez. Quien quiera ver el mapa que entre en esta dirección:

MAPA

Xavier, luego te mando al correo una dirección para integrar el mapa en una entrada del blog (esta mismo podría ser). Es que aquí no me deja.

El que quiera colaborar poniendo alfileres que se haga una cuenta de Google si no la tiene y que me mande el correo con el que se registra a la dirección que puse ayer para poder invitarle.

(O galego voulo aparcar porque sudo pra escribir sen meter a pata, millor o deixo pra cando fale coa avoa Esperanza).

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Non caía na conta de que podía enlazar directamente ó blog. Xa está entre os sitios onde vou (a miúdo), co teu permiso. Tes o meu para escribir como che pete.A dúbida que me queda: ¿quen se sume a por fitos ten que estar invitado e facelo vía enlace que lle mandes, no directamente no blog?
Un abrazo