domingo, 25 de mayo de 2008

Os rescatadores de palabras atacan de novo. Vocabulario de Brumoso III

Coa vosa colaboración, é máis doado que a lista semanal de palabras medre. E non medra máis porque moitas das que se nos van ocorrendo son galegas e están recollidas nos diccionarios normativos. Seguirémolas usando pero non hai necesidade de recollelas aquí; corren menos risco de extinguirse. Alá vai outra riostra.

Abreixo.- Vexetal silvestre de flor branca que ten un bulbo coma un allo de raposa; sabe a avelá tenra; sae nas cembas, na primavera; servía para entreter a fame, como as panchucas.
Capacete.-A cabeza dos que teñen pouca cabeza ou non a usan para pensar moito; “sempre fai o que lle sae do capacete”. En galego é peza de armadura ou peza do alambique.
Carocha.- Canto da barra de pan ou da panocha, con moita codia ou pouco miolo, o bocado preferido polos rapaces (ou non tan rapaces); en galego e tronco comido polo caruncho. En galego, a nosa carocha e carocho.
Confite.-Bolo de pan de tamaño dunha man; cocía na boca do forno e entretiña os rapaces mentres saía a fornada.
Cuañeira.- Mañuzo de herba, xeralmente verde, atado con dúas vergas. Coañeira, en galego, é que nós chamamos baleadeira, a vasoira das mallas, a que sirve para mover o coaño ou caño, o que nos chamamos cuaño.
Chocoldrear.- Se usas un corenta e levas uns zamancos do 45, chocoldrean nos teus pes (ou os pés dentro deles).
Codia.-Rebanda de pan, de sandía ou de melón.
Cousillote.-Óso de canela con pouco alimento para dar sabor ó caldo. Para nos, quixote.
Encendedallo/a.- Fronxas (fronza, en galego) de uz, xesta ou afetos; calquera cousa que poida servir para encender o lume.
Escaneta.-Escano lixeiro, máisa doado de mover. Pode servir para dar asento de dúas a seis ou máis persoas.
Escorrexer.- Tusir para sacar flemas ou asperezas que atrancan a gorxa e non deixan falar con normalidade. Facer ir a agua, cando é escasa, por un rego pouco labrado.
Esgalabernar.- Producir un galaberno (palabra xa recollida polo Horacio), un buraco grande; as talaburdiadas esgalabernaban as pozas e as preseiras.
Estaraco.- Pau delgado, guizo. Persoa moi delgada.
Estourote.-A planta que da campaniñas de cor violeta que sirven para estourar se se golpean contra a man apretándolle a boca. Os galegos estalan e chámanse estalotes.
Estrombarrúas.- Descoidado. Asociase ó que anda cos pés a rastro.
Furgalla.-O que os galegos chaman farangulla, miga de pan.
Gorgullo ou gurgullo.-Bola de fío de la ou liño. En galego, gurgullo ou gurgullón é o lugar onde nace a auga facendo gurgullas. Gurgullo é tamén o insecto con corpo de forma oval que vive nas sementes dos cereais e legumes e do cal existen moitas variedades.
Guizo.-Pao delgado e de pouco valor, nin como vara de tanxer as vacas nin para meter no lume. En galego sirve para definir a candieira e o encendedallo.
Nacras.- Son eses mocos verdes, pegados, secos, que non saen sonando, requiren traballo de minería.
Panchuca.- Vexetal de pouco tiro, cor entre amarela e rosa, que sae debaixo dos chaguazos; ten como pequenas tetas e da un leite con gusto a plátano. En Hemisende chámanlle maias, porque saían en maio. Entreteñen a fame.
Quixote.-Óso de canela con pouco alimento para dar sabor ó caldo; en Hermisende chámanlle cousillote; en Hermisende chámanlle cousillote. No vocabulario do Horacio é pé.
Regoxa.-Empezadallo dunha barra ou panocha, con moita codia e pouco miolo; carocha. En gallego é anaco de pan, chusco.
Rodillo.- Pano, peza de cociña para limpar as mans ou secar os cacharros.
Rompexugos.- Bruto, estoubado.
Sarritán.- Sarritán para nós e a espiña, a columna vertebral de persoa ou animal; recollido tamén polo Horacio; tamén é un monte con fragas que imita pola forma as sartas dunha columna vertebral, por exemplo o sarritán da Ladeira.
Sarnicho.- E o sarritán, a espiña, segundo os de Hermisende
Sentalló.- En galego, como variante non recomendada, é alguén baixo, de pouca estatura. Para nos é o que en galego chaman sentallo, asento, tallo.
Talaburdiada.-Treboada forte que estraga os camiños e fai medrar os regueiros.
Trouzó.-Inflamación das glándulas das pálpebras. En galego é variante non recomendada. Prefiren tirizó, orizó ou toromelo.
Zabaneiro.- Persoa que anda sempre lixosa, coa roupa cotrosa, chea de merda. Dise do que sempre anda lixado (dicc. do Horacio).

4 comentarios:

Nane Nane dijo...

Rescatadora louxeira ó ataque!!!
Saludiños Xavier, mira, fice os deberes, fui a brumoso, que por certo, estaba máis brumoso ca nunca, e puse a traballar a Dominica, a Baldomina ya a miña mai, xa me dixeron que nas noutes de fiadeiro apuntarán todo aquelo que le pase por a cacholiña ya sirva para esta misión. Coma estes días o tema de conversa era o punto de cruz, e demáis labores cotiás pois puse a orella ya esto foi o que recollí:
Tasmear: coma sinónimo de calcular, a frase foi a siguiente: "Non tasmeei ben os Trallas"
Amoiar: coma sinónimo de cundir: "pous a min o punto yugoslavo non me amoia nada".
Balaustre: dícese do pau vertical que hai nos balcois.
Salpedés: tipo de precipitación que cae do ceo en forma de pequenos cachiños de carouxo.
Candiolo: Estalactitas de carouxo.
Espero que desta vez atine.
Bicos para ti!!
Nane Nane

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Benvida outra vez ó rescate das palabras. Sinto ser augafestas, pero balaustre é galego puro e candiolo ya está publicada. Tasmear e amoiar creo que merecen rescate e irán na próxima entrega. Salpedrés, tamén; tiña pensado metela coa oración que dicíamos de pequenos para espantar os tronos: "Salpedrés, salpedrés, non mates a miña res, que só me quedan dúas ou tres".
Grazas e bicos.

Xabres da Teixeira dijo...

Ahí vai un feixe de berbas, ainda que supoño que moitas xa as tés, outras o mellor estan nos D. normativos. Non teño tempo nin ganas de comprobalo.

DICCIONARIO E MODISMOS DE VAL DOS MARCOS.-




Abriota.-planta con flores de tallo alto
Aceda.- planta dos prados moi acida, que se come
Acuartear- por segunda xunta o carro, tamen chamada cuatia
Alconchar.- subir por un pau liso axudandose con pernas e brazos
Alconchón.-paxaro que alconcha
Apeto, A peto?.- Ex profeso
Apinchar.- emborcar, facer que o carro “volque”.
Atopar un can cunha gorra:- pararse a leriar cn alguén.
Aviacas.-aparellos do arado que fan que se separe a terra.
Bico pardal.- punta de un punteiro dos canteiros con forma de pico de pardal.
Billarda.- pau afiado polos dous lados para xogar a idem.
Birlo.- pau afiado por un lado para xoga o irá.
Bullaca.- excrecencia do carballo
Bulló.- Castaña asada e pelada.
Caldeira.- Rego por donde corre a auga para os prados.
Caldo de cacafú.- caldo de castñas cocidas en leite.
Cangallas.- Aparello que se le puña os burros para acarear cousas.
Caniza.- Engarilla pequena que cerra o carro por diante, para transportar patatas, grao, millo etc.
Cazcarriolas.-Colgarexos de merda no cú das ovellas, e outros seres.
Chincho.- paxaro que cando canta parece que dice o seu nome.
Cichar a canelo.- esfurricharse.
Coco relmbrón.- Luciernaga.
Crabuñar.- picar a gadaña
Cusmallo.-Restos que quedaban na forxas despoi de soldar con area o ferro.
Desabusado.- crecido, desembolto, esperegilado.
Embazacado.- Cuando un cai sobre todo de costas, e queda sen alento. Ou dano para o bazo.
Encartar os tarecos.- morrer (sent. Figurado).
Encombado.- torto, retorcido, facendo comba.
Endino.-maluqueiro,traveso
Enseñar as arnelas.- Rir alguén non ten dentes, so as raíces, ou arnelas.
Esbardallar.- falar sen ton nin son.
Esborrallar.- Desfacer algo que esta feito. Ej. Esborralou a parede.
Escorrexer.- Limpar un cano ou unha caldeira para que a auga pase mellor.
Esfurracar.- meter un pau nun buraco de forma insistente.
Esfurrichar.- diarrea, ter
Esmendrellar.- romper, escarallar.
Espichar.- morrer.
Estoubado.- Atolondrado.
Estrinque.- cadea usada para acuartear.
Faceira.- terras donde sementar o centeo
Faiscas.- restos de leña seca ou herbas que arde moi ben. Tamen cando a leña ardendo salta encendida. Muxicas
Furgallas.- Migas de pan, por exemplo.
Furricheira.- cagaleira
Galbana.- pereza
Gogo.- canto rodado do rio
Hachar.- atopar
Ir curar os pitos o cura.- Morrer
Lampaza.- Un tipo de herba
Mamota.- Castaña cocida con casca.
Manxoeira.- Nasa para pillar as troitas
Murar.- espereitar os ratos o gato(Buscar ratos).
Nin fode nin sai denriba.- Indeciso
Pentello—Pelo do pubis
Pigarro.- En castelán: arrendajo.
Poldras.- pedras para pasar donde hai auga.
Porse nela.- -------
Prego.- Clavo feito polo ferreiro
Rabiza.- Parte do arado donde vai a rella, e a empuñadura.
Remelar.-abrir moito os ollos
Resolta (a burra).- Estar en celo a burra
Ruxideira.- herba que cando está seca ten unha capsula con sementes que ruxen.
Talanqueira.-Vara para xogar o irá
Teixugo.- Tejon, porco teixo.
Teson.-Ganapán para pillar as troitas.
Timón .- Pau do arado que vai da rabiza o eixe.
Timoncela.-Pau de acuartear
Treixó.- en castelan: orzuelo
Un ten con ten, unha babuxadeira.- Sirimiri
Xeixo.- trozo de pedernal, o cuarzo blanco.
Xofletofele.- Aparato para desatascar
Xongo.- canto rodado do rio
Zambucada.- caida de mal xeito, sobre todo como decir de bruces.
Zapexar.-batular, retorcerse.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Xabrés, esto é unha talaburdiada de palabras!!! Algunhas estarán no diccionario de galego pero, para as que non estean, vou precisar varias entregas. A este paso vamos a facer todo un dicionario noso.
Grazas. E apertas .