domingo, 11 de mayo de 2008

O muíño que se foi co temporal

O muíño da Veiguiña -como o da Máquina, o de Abaixo, o da Veiga ou o do Carrizal -foise cun temporal. O do Medo a punto está de seguir o mesmo camiño. O cutado ten medo, en vez de dalo. E seu medo xa está xustificado, se non o remedian. Unha acción na que ben se poderían investir os cartos dos muíños do Monte Muga. En restaurar ese muíño e en reconstruír algún dos outros. Do muíño da Veiguiña, que tanto podería contar como vestidor de bañistas, quedan mostras como esta que achou Vicky nun álbum da nosa mocidade. De todos os muíños, ós da nosa quinta quédannos os recordos das veces que nos tocou axudar a cargar sacos de fariña, das falas do tarabelo, do ruído da auga na canle e, sobre todo, no rodecio. Dos muiños queda tamén, por sorte, o conto que tan ben contaba Horacio. Outra boa forma de investir os cartos da enerxía eólica sería nunha iniciativa que permitise preservar o traballo, as pezas e a memoria que deixou Horacio Rodríguez. Para mostra, este botón de ouro:

O conto dos muíños, contado por Horacio Rodríguez

Aquí non se coñecían os muíños rastreiros, de auga. Pero os veciños souberon que en Galicia os había, e que moian máis con menos traballo, así que xuntaron o concello e acordaron buscar uns técnicos para que montasen un muíño comunal neste río. Os técnicos galegos montaron o muíño, puxérono a funcionar, cobraron o acordado e marcharon de volta para a súa terra.
Cando acabaron de moer todo o grao do lugar, os veciños caeron na conta de que esqueceran preguntar como se paraba o muíño. De balde, comezou a andar máis de presa, coa roda botando unhas chispas do carallo. Pensaron que era cousa de bruxas ou do demo, que había que chamar ó cura para que botase uns esconxuros antes de que se estragase a maquinaria. O cura botou os seus responsos sen resultado. Cansado de rezar, decidiu intentar outro camiño:
-Xa que nos respectas a miña palabra, respectarás polo menos a miña coroa!
E agachou a cabeza nunha prolongada avenia. A roda do muíño xiraba a tal velocidade que lle varreu coa cabeza coma se fose unha guillotina.
A xente que estaba alí, escapou ás carreiras, asustada. Saltaron por riba da canle do muíño, para fuxir. Entón, unha vella que xa non estaba para moitas carreiras caeu no medio da canle, cortou a auga e parou o muíño.
A partir dese momento, cada vez que querían parar o muíño, atrancaban unha vella na canle.

7 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Oes, a foto do muiño da Veiguiña non ten desperdicio, conservadea, pois é unha verdadeira reliquia.
Agún día contarei a historia dun louco, que andaba tentando coller troitas, no areal, espido, e chovendo.
Apertas

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Para reliquias, as palabras da nosa terra, que vos propoño rescatar na entrada anterior. Empeceina antes, publiqueina despois e agora aparece abaixo. Espero que non pase desapercibida e que colaboredes para que poidamos facer un palabrario da nosa comarca.
Saúdos.

Nane Nane dijo...

O primeiro gracias por cuntar ese conto, a min cuntabamo o mue Tati, pa vos o Horacio, e xa botaba en falta, inda que é leído, na miña cacholiña escuto a sua fala serena, profunda, acompañada dunha risotada de vez en cuando...O Tati era o Tati.
Eu intentarei formar parte dese comando rescatador, mais non sei se poderei aportar muto,máis preguntareile a Nica,que de vez en cuando cantame coplas de entempos.
Hai un libro, que axudou a facer o Tati, ainda que non o viu feito, donde cedeu todo o que él tiña recollido en cuanto a vocabulario se refire...era algo que ibamos a facer os dous o fin do vrau, mais non nos dou tempo. Sempre decia: "os que vindeis detrás non podeis deixar perder a nosa fala..que solo sabemos falar os vellos ya emos morrer algún día" A si que entre todos algo faremos.
Por certo, eu tamen disfrutei do muiño, non sei se vos acordareis pero os grandes daquela, facían concursos de modelos, e as pequenas coma min eramos as encargadas de porle as toallas en forma de vestidos...jijjij.
Bicos asgalla!!
Nane Nane

Javier Lopez Rodríguez dijo...

As palabras que rescatou o teu Tati, o amigo Horacio, xa non se perderán, porque están no seu caderno e tamén nese libro que citas. A miña primeira relación non está nos diccionarios de galego, pero non comprobeu se xa están no de Horacio. En diante, trataremos de comprobalo antes de darlles o pasaporto a Brumoso. Non se trata en perder o tempo nun traballo xa feito. Trátase de continuar o camiño que el comezou. Sinto que lle debemos seguir con ese labor. Porque, se non o facemos, alí onde estea, él estará triste, acongoxado. Adiante, rescatadores.
Bicos.

abobriga dijo...

Está moi ben o conto, pero non sei se os defensores da Terceira Idade lles fará moita gracia....

Xabres da Teixeira dijo...

Con relación o conto, se bscades en literatura popular portuguesa, ou, se preguntades, a que coñecera o Çe da Tresa", dariades.vos conta de onde procede.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Sempre tiven claro que temos case tanto de portugueses como de galegos. O mérito do Horacio está en trasmitilos e, sobre todo, en como o contaba. Neste caso non e políticamente correcto, en tempos de tantos maltratos ás mulleres. É tan cruel como moitos contos clásicos que alimentaron as nosas infancias.
Saúdos