lunes, 26 de mayo de 2008

A serea do deserto segue nadando en Galicia

O próximo sábado agárdame en Gondomar un encontro con rapaces que foron convidados polo club Espazo Lectura a ler A serea do deserto, o libro que saíu sen buscar, como consecuencia da fermosa experiencia que supoxo para nós acoller a unha rapaza saharaui, Fatma, durante o verán de 1994. Unha rapaza que gozaba da auga como non vi gozar a naide, coma se fose en verdade unha descendente de sereas e non unha filla do deserto. Fatma tivo oportunidade de nadar no mar de Galicia e no río Túa. Non tivo tempo de aprender a nadar ben, pero non había quen a sacase da auga. Alí onde o pozo das Olas da Faceira se xunta co areal de Barxelas, vímola engatar polo fondo, agarrada ós gogos para que a forza da auga non a sacase á flor, coma unha verdadeira serea.


A min non me vai iso de falar en público, pero nos encontros cos rapaces sempre acabo gozando. Son tan naturais e tan atrevidos coas súas preguntas que obrigan a un a entrar no seu xogo e a perder calquera aceno de timidez e vergonza. Rirei con eles e sentirei algo de mágoa por ver como pasan os anos sen que o conflicto saharahuí avanzase cara a unha solución. Segue igual, con máis de duascentas mil persoas refuxiadas no deserto, sen que os rapaces sharauís poidan volver nin á terra nin ó mar dos seus pais. Poderá coñecer a filla de Fatma, Victoria, o país dos seus avós? Agardo que si.

7 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

O castiñeiro, é un que hay na beira do camiño, no Viñal. Eu sei unha anécdota, relacionada co mesmo. Os actores eran o "Sidoro", dos Flores, e a miña tia Maria Rosa.
Contareina algunha vez.
¡Oe!, ¿por que le cambias o nome o rio?. Se non estou trabucado, o Túa, é, o que ahora chaman Gamoneda, nalgúns circulos, da zona de fala castelan-mirandesa-no soy-galego.
¿Ou estou nun erro?
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

O castiñeiro é ese mesmo; seguro que o usaban os guardias para tratar de cachar algún furtivo cun saco de trutas. Do nome do ría se cadra tes razón. Igual en vez de Túa hai que chamarlle Noso.
Apertas, Xabrés.

Nane Nane dijo...

Non sei por quei, pero sempre que hai conflictos,guerras ou outros males que fain os grandes, os que sempre sain pior parados son os rapaces...menos mal, que con esa imaxinación que tein,poden abstraerse os pouquiños desa realidade. Eu creo que inda son rapaza, inda que os anos que teño xa queiran facerme grande, serei rapaza de por vida.
Aporveita o encontro, é unha sorte estar rodeado de meninos, eu estou loitando para poder volver traballar con eles, é o máis marabilloso e placentero que fice nunca, a si que dende aiquí, todos os meus meiores desexos para eles, a ver se por un momentiño lendo ese libro tan sentido son capaces de sentirse parte da augua que tanta falta le fai.
Ainda que non creo que se lembre de min, un aperta e un biquiño para Fatma, e os meus parabems por a sua maternidade, que eu si me lembro dela.
POR UN SAHARA LIBRE!!
Bicos

DefMaybe dijo...

Sinto non ter aparecido antes por aquí, pero ando a perder o tempo tódolos días. Sen embargo, agora que veño de ler a entrada sobre Fatma decidín que non podía retrasalo máis. Sempre penso que o recordo máis vivo que gardo dela non ten que ver nin co mar nin co río Túa (non recordo moitas cousas de 1994); senón co moito que me sorprendeu saber que xa era mai, ó "pouco" de marchares de aqui.
Soamente queria darlle a noraboa a javier ¿loro? por decidirse a manter este blog (que visito case a diario, teño que dicilo) e mandarlle un abrazo moi, moi grande a Fatma. Un bico.

marian dijo...

hola

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Eu que sempre fun introvertido, estou a ser cada vez máis sociable con este invento blogueiro. Ás veces lévame tempo tratar de saber que é o autor/a dalgunha das mensaxes. Por exemplo a de defmaybe (de Francia quizais?).
En todo caso, estou encantado de recibir mensaxes (o de loro é un diminutivo dos apelidos que empregaba como seudónimo en tempos mozos).
Un bico

Louxeiro dijo...

Para aclarar un poco lo del nombre del río encontre en la wikipedia portuguesa el siguiente artículo:

Rio Tua
Origem: Wikipédia, a enciclopédia livre.

O rio Tua é um rio de Portugal.

Afluente da margem direita do rio Douro onde desagua junto à localidade de Tua (com o mesmo nome do rio), o rio Tua resulta da junção de dois outros rios: o rio Tuela e o rio Rabaçal. A junção ocorre a 3 quilómetros a norte da cidade de Mirandela. O Rio Tuela e o Rio Rabaçal nascem em Espanha, sendo que o Tuela nasce em Castela-Leão e o Rabaçal na Galiza, entrando ambos em Portugal através do concelho de Vinhais.

Yo seguiré llamandole Tuela porque el nombre me gusta más.