jueves, 8 de mayo de 2008

Outro premio para Javier Bardem

Despois de conseguir o Oscar por unha actuación que desde logo non era tan destacable como a de "Mar adentro", onde se convertiu nun Ramón Sampedro resucitado, Javier Bardem estase a facer merecedor doutro premio, esta vez de carácter humanitario. Polo seu labor na película "Invisibles" (2007), unha iniciativa de Médicos sin Fronteras onde participou como produtor de cineastas de prestixio como León de Aranoa, Isabel Coixet ou Win Wenders, entre outros, para retratar, dar voz, imaxe e trascendencia a conflictos olvidados ou enfermidades esquecidas. Era antes do Oscar. Este ano, en vez de gastar moito tempo en celebrar o premio do cine americano, dou un novo paso adiante como visibilizador doutro conflicto humanitario enquistado, o dos saharauís. Agora está a abandeirar a plataforma todosconelsahara.com, empeñada en tentar reparar unha inxustiza que xa dura demasiado tempo. "Hay 200.000 personas que fueron españolas abandonadas en el desierto desde hace 33 años", explica, e promove a recollida de firmas para tratar de conseguir que o Goberno busque unha solución que se antolla difícil, habida conta dos intereses económicos que se moven entre España e Marruecos e as difíciles relacións diplomáticas que hai entre ambos países, o que abandonou o Sáhara se procurar unha solución aquelada para os cidadáns que alí tiña e o que se apropiou daquel territorio dun día para o outro. Creo lembrar que Bardem, coa súa familia, foi dos que fixeron público o seu apoio ó actual Goberno en variadas circunstancias e repetidas ocasións. Por iso me parece que ten especial mérito esta nova iniciativa, reivindicativa e incómoda, diante dun Goberno amigo. O obxectivo da plataforma e sumar o máximo número de firmas de apoio ao manifiesto ata o próximo 15 de septembro. Coa idea de entregarllas ó Presidente de Gobierno para que España lidere a busca dunha solución pacífica e xusta a un conflicto que nos afecta e que debería avergonzarnos como cidadáns deste Estado chamado España. Bardem ten a miña firma e ten ademais o meu voto para que lle dean outro premio polo seu labor humanitario, polo seu empeño en dar visibilidade a conflictos olvidados, por dar a súa voz famosa a colectivos amordazados ou, neste caso, exiliados no deserto. Dubido que o Goberno, neste caso, tome a iniciativa de darlle un premio oficial. Non polo menos, por esta última iniciativa.

3 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Bos días.Son as doce e quince minutos da mañá, e inda estou coa legaña posta pois acabo de ergerme do xergón e entrei a ver que se cocia por eiqui
Teño un par de cousas que comentar, esto dos blog é caralludo, pois ainda que non te pidan a opinión vai un e daá. De Barden solo vin "Los Veranos al sol", que León de Aranoa dirixiu moy ben baixo o meu punto de vista, e nela habia actores que traballaban tan ben como Bardén pero non soaron tanto.
O do tema do Sahara, estas alturas xa empezo a non telo demasasiado claro.Son as caralladas que quedan do colonialismo e as dictaduras.
E o do conflicto co goberno amigo non deberia de existir, precisamente por ser amigo, pois se a un amigo no se le pode chitar para que non se incomode, seguramente non é tan amigo, ou ten algo subido a cabeza.
Pronto haberá Zreixas, ¿ou son cereixas?
Apertas, e un saludo para a miña tocaia, e esa moza que me tiña medo.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Eiquí está a tocaia! Sempre ando curioseando por estes vosos lares, inda que non deixe probas. É que non teño conta de google... e a preguiza sempre me gaña. Pero eu as 12 xa non tiña legañas coma ti!
Sobre o de chitar aos amigos... inda os hai que se incomodan, por moi amigos que se crean. As cousas seguen así, éche o que hai. Se cadra son conceptos distintos que se teñen de amizade según as partes.
Bueno, xa irei comentando máis por aqui cando venza a miña preguiza, e perdoade por este amago de galego jeje
Bicos

Javier Lopez Rodríguez dijo...

As do Val do Jerte deben ser cerezas ou, como moito, cereixas (nalgún sitio de Extremadura tamén se fala galego, pero non nese val); as deBrumoso e Val de Marcos son e serán zreixas dos nosos zreixais.
Saúdos.