sábado, 17 de mayo de 2008

No día das Letras Galegas, máis palabras ¿galegas? Vocabulario de Brumoso II

Para min, Brumoso é toda a alta Sanabria, son os catro concellos onde se fala galego, por moito que algúns se sintan mellor dicindo que o que falamos alí non é galego nin é nada. Sempre hai amigos de menosprezar o propio como forma de reforzar a autoestima... dos outros. A lingua que nos enseñan de rapaces debería ser o noso primeiro e principal teosuro, pero sempre hai quen só sabe afirmarse desprezando o primeiro que lle deron os seus pais. Non o comprendo, pero non podo deixar de constatalo. Desde aquí, seguiremos tratando de rescatar palabras que oímos, que usamos e que non deberían desaparecer sen máis. Certo que estou un chisco decepcionado pola falta de achegas. Naide manda palabras, naide completa definicións. Se isto segue así, o título final vai ter que ser Vocabulario dos Bichos. Vai outra entrega:

Borrallo.- É o que os galegos chaman po e tamén o que queda do lume, a cinza. Para nos hai moito borrallo nas mallas, nos camiños, tamén nas casas.
Bulleiro.- É o borrallo amasado con auga da choiva, sobre todo nos camiños. Os galegos (agás en terras do Caurel) prefiren chamarlle barro ou lama, aínda que tamén admiten bulleiro como lugar onde nace auga (o que nos chamamos lamacal e os galegos lamazal) ou un lugar cheo de lama.
Calimborno.- Cavoco de acceso especialmente difícil, trexeitado. Calimbornio, no galego do Gran Xerais, é a careta dos castradores de colmeas; tamén persona, animal ou cosa de dimensións desproporcionadas, mal formadas ou de mala traza. A Amiñeira está nun calimborno; cando ía para alá, o tío Darío dicía que ía para California, que tamén empeza por Cali.
Candiolo.-Está recollido como variante non recomendada, tamén para as mormelas, as velas de mocos caendo do nariz dun rapaz. Para nos son as estalactitas de carouxo, aínda que tamén se aplicaba ás mormelas; para o noso carouxo (que para os galegos é a friaxe e non os bocados de auga encarouxada), o galego prefire carambelo.
Esbullar.- Quitar a casca ás patacas, a unha mazá ou a unha pera sacando longas tiras. No Caurel din bullar, bullar as patacas. No diccionario galego, esbullar o termo está recollido como variante non recomendada para espoliar, roubar, arrebatar.
Escodiachar.- Non é cortar unha codia (que en galego é só casca, non significa rebanda) de pan; é retorcer o pan coa man para partilo porque non hai navalla. Non ten moito que ver con escodiar, recollido como variante no diccionario galego por quitar a codia ao pan.
Escoscar.- Sacar caróns de noz das súas duras cascas, ou sacar os chícharos ou os garbanzos das casulas; tamén sacar o gran do millo da mazaroca. (descubrir a mazaroca quitándolle a folla é esfolar, como no caso dun cordeiro para a festa). No diccionario galego escoscar é quitarlle á noz a casca verde; escarolar; quitarlle a casca ó trigo ou á avea.
Esfarramechar.- Rasgar, por en trizas un trapo. Esganifar é un fermoso sinónimo que está no diccionario de Horacio Rodríguez, pero tamén no diccionario galego.
Esfurracar.- Empregar unha vara ou un caxato para facer saír un bicho dun buraco, dunha rata coveira, por exemplo; esfurracar nun avrespeiro, tamén diciamos. Esfuracar existe no diccionario galego para facer buracos, furar. Esfurracar produce buracos máis grandes.
Espamborrar.- Romper, esbotelar. Parece refirirse preferiblemente a algo blando, pero tamén se espamborra unha pucheira de barro se cae ó chan.
Emboligar. Enfolizcarse de bulleiro ou de bosta. Emboutar, que si está no diccionario galego.
Enfolizcar.-Lixar; habitualmente falase dunha persoa enfolizcada, con lixo na cara. Tamén se di dunha persoa chispa, borracha.
Encandiolar.- Estar encandiolado é temblar pola friaxe, estar a punto de morrer co frío, atrecido.
Estrouzapé.- Remite a unha situación física, de ruido, caída de algo dun carro ou dunha burra, atravesado no camiño, con xente rindo ou botando as maus á cabeza. Non é un guirigay, é un estrouzapé. Para Horacio era tamén o barullo dos animais nas cortes.
Farramecho.- Trapo vello e de pouco valor, listo para esfarramechar, para atafuñar unha caldeira ou facer unha farrapa.
Folizco.- Mancha, pegada de lixo na cara.
Garamalleiro, garamallo.- Segundo Pablo é alguén que non asenta, como pasaba cos garamallos (o do alto dos carros eran ramallos, non?) no alto dun carro de leña, que se engancha con todo. Para min, a palabra sempre foi garamalleiro (nin nas familias hai sempre acordo).
Garmalleiro.- Un tipo que non coordina moi ben as extremidades porque é moi alto.
Langrollo.- Tragón, capaz de roubar froito aínda verde e non compartilo co que non foi capaz de subir á arbore.
Mormela.-En galego mormeira é un catarro nasal, unha catarrerira. Mormelas, para nós, son os mocos, as velas.
Talada, rapar a talada.-Pasar moito frío, correr o risco de encandiolarse, atrecer.

17 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

A ver Ho, non sexas descreído e desesperanzado. Eu teño un bo feixe de palabras, o que pasa é que se as traspaso, faremos o teu blog moi largo. Dime como queres que as publique e eu fago-o, ainda que poida haber moitas repetidas.
Teño que le preguntar o meu fillo, como poderiamos argallar algo no que cada quen as poida introducir, e despois tentar correxir ou engadir.
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Os fillos son os que nos teñen que resolver as dúbidas nestes eidos, boa idea. Se cadra mellor que ir metendo algunas palabras nos teus comentarios para que eu as vaia sumando. Repetidas, non. Pero se cadra tes matices para engadir ou levar a contra ás definicións que eu vou metendo. Así xa van máis pulidas. Supoño que miña queixa é unha forma de buscar resposta. Neste caso, serviu.
Saúdos.

Nane Nane dijo...

Bueno, vou a intentar facer de rescatadora,eu non teño a mau diccionario de galego, mal feito, xa o sei...a si qeu vou a por as palabras que me parecen propias nosas, uo por lo menos as que sempre me decían na universidade que non eran normativas, non sei, se te valen alá vain:
chocoldrear, cuañeira, treixa( esta fixo porque sempre me decian que era adival)esparexer, esborrallar,buraco, escorrexer (pero non escorrexer de facer ir a agua por otros sitios sinon de escorrexer as gorxias pra falar)sentalló, escano-escaneta, rodillo (esta non sei si solo se dice na miña casa, porque a verdai non o ouví en máis sitios, é o trapo da cociña, a rolla creo que le chaman aiqui. De momento, foi o que fui apuntando según me viñan a cacholiña, as definiciois xa tas deixo pra ti que se tadarán millor.
Un biquiño!!
Nane Nane

Nane Nane dijo...

aaaaa, outra que me veu relendo as tuas, que a demáis pareceme do máis bonita: Cornizó, ou trouzó, que oivio das duas maneiras, agona non me lembro de como se chama en castelán, pero é coma un graniño que te sai nos ollos as veces, vale, xa sei, orzuelo,jijiji.
Máis bicos
Nane Nane

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Benvida, rescatadora de palabras. A simple vista, creo que unhas cuantas si están no diccionario galego, por exemplo esborrallar, que mirei eu o comprobar as definicións de borrallo. Escano, tamén é moi galego. Mirareinas e publicarei outra entrega nos próximos días sumando as non recoñecidas. As definicións tamén me virían ben, pero darei as miñas e podeis corrixilas e/ou completales en próximos comentarios.
Apertas.

alondra dijo...

Entro neste grupo de investigación coma o gato polas brasas... A mín reeducáronme no galego normativo de moi pequena e despois no portugués e armaronme unha boa. Ainda así, sei distinguir cando falo/penso en galego/portugués ou en galego dos meus avós... Non è o mesmo. O dos avós serve para soñar con Brumoso, para falar en voz alta con un mesmo ou cos animales -da o mesmo que sexan asturianos coma a miña gata- e para darlle voltas ò capacete con estas cousas da linguaxe... Por certo, o do capacete sempre llo ouvín a meu pai, non sei de onde sairía...
Eu pensei nesta palabra: "gurgullo". Como non sabía se sería galego normativo fun buscar no diccionario da Real Academia Galega:
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html
Apareceu a seguinte definición:

gurgullo2 ou gurgullón s.m. Lugar onde nace a auga facendo gurgullas. Secou o gurgullón. CF. illó, manancial.

gurgullo1 s.m. Insecto da orde dos coleópteros de cor parda escura, corpo de forma oval, que vive nas sementes dos cereais e legumes e do cal existen moitas variedades. Os gurgullos estragaron o trigo (gorgojo???)
Para mín un gurgullo è un novelo de lá... Imaxino que nós usamos "gurgullo" polo parecido do bicho coa bola de fio enrolado.

Nane Nane dijo...

Outra remesa a ver si atino:Fincón, Racho, encendedalla, panchuca, estourote (a planta) furgalla, corozo, codia, cachoeira, rompexugos, estrombaruas, engrolado, bulir, esgalavernar.
Entendí mal o da Ali, pásame por ser tan apurada...en fin...sendo así, é normal que opine eso do meu tiu. Meu tiu, non le metas medo a rapaza, que cuando ela sea máis grande, ti terás netos e seras vello (cen veces neno) poden cambiar as tornas...
Elena, que alegría saber de ti,xa me mandarás a tua dirección de correo electrónico, e saber como te vai. Bico pa ti.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Carallo, a este paso xa me vou queixar porque me dades moito traballo para definir, comprobar e publicar palabras. O caso é non estar nunca contento. Elena, o teu gurgullo para min sempre foi gorgullo. Podemos apadriñar as dúas. Creo que coas entregas de nane nane (vai ser Eva, por se non caíches, Elena)xa completaremos unha nova entrega.
Bicos para as dúas.

Nane Nane dijo...

Esquecime da que máis me gusta: Esporrancharse, estar esporrancho: dícese de aquela persoa que vai por o mundo como a pariron, sin nadiña de roupa!!
Veis porque é millor que fagas ti as definiciois. As próximas prometo miralas no diccionario on-line, e facer a miña propia definición, que podes correxir e modificar.
Xa non te aborrezo máis por hoxe.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A min tamén me gusta a palabra, non só polo que significa (como mínimo, un queda moi agusto despois de esporrancharse), tamén porque é contundente, potente. Sinto dicirte que, xunto con espirse, que tamén usamos alí, está nos dicionarios normativos. Teremos que seguir buscando.

Xabres da Teixeira dijo...

So engadir unha frase feita, que o parecer rula pola zona de Mondariz:
NIN FODE.NIN SE BAIXA. Define a unha persoa indecisa. Como o do "perro del hortelano".
Unha aperta.

XESÚS MANUEL MARCOS dijo...

Na miña terra do Caurel, no canto de esbullar, emprégase bullar: bullar as patacas, por exemplo. E bulleiro emprégase na mesma acepción que polos lares brumosos.

Unha aperta desde Madrid. Temos amigos comúns.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Con amigos comúns (xa sei que é) ou sen eles, benvido a Brumoso. Li a entrevista da semana pasada en ANT e sentín que temos máis asuntos en común que algún bo amigo. De non ser de Brumoso, non me iamportaría ser adoptado no Caurel ou nos Ancares. Completo as miñas definicións de esbullar e bulleiro coas túas. E visitarei o teu blog.
Unha aperta

marian dijo...

Hola paisanos de brumoso, a lla van uns cuantas palabritas de nuestro querida lengua,faldriqueira, sornexar afunilar pinote,oxar,trafugueiro, espirse, escarnancharse
jajajaj seguramente k algunas ya salieron pero es igual , un bikiño .

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gracias, Marian, pola manchea de palabras. Se engadises unha mínima definición sería máis doado. Así, ademais de pensar quen virás sendo, teño que adiviñar o sentido que lle darías a algunha das túas achegas. Escarnancharse, por exemplo, non seu se vai por esgarnancharse (mancarse cun garnancho) ou por escarrancharse, que sería máis que escancharse. Polo que toca a afunilar, inclínome polas ventosidades silandeiras, aínda que creo que nós lles deciamos fonilas. É a riqueza de Brumoso: cada familia, cen palabras propias, cada lugar, un diccionario.
Un bico e grazas por todo.

marian dijo...

Tienes toda la razon. no puse las difiniciones , pero eso te lo dejo para ti k eres un experto, cuando tenga tiempo os mando mas , y referente a quien soy si le digo a xabres da teixeira k de pequeña me sentaba en sus rodillas seguro k ya sabe quien soy jejeje.HASTA LOGO.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Aínda non sei, pero xa lle preguntarei as rodillas do xabrés da Teixeira. Máis en serio: benvidas ti e as palabras que queiras depositar nesta buraca de todos vos.
Ata logo, pois