sábado, 17 de mayo de 2008

¿Monstros que aterrorizan ou inocentes aterrorizados?

As formas que debuxan moitas árbores, ¿son froito do que acostumamos chamar caprichos da naturaza ou son intentos de comunicarse, chamadas de auxilio que non sabemos ver nin entender? Este afreixo de Fontiñas que achego, chantado nunca cerrada milagrosamente respectada entre edificios de catro andares, ¿está á usma de rapaces para asustar ou está asustado por non poder esconderse de nós, por non poder fuxir, por non poder darnos as costas para non ver as canalladas que facemos tan a miúdo?
Desde rapaces aprendimos que os vexetais, como os minerais, non senten. Se así fose, serían como moitas persoas, que tampoco teñen capacidade de empatía e, polo tanto, son incapaces de poñerse no lugar do que sofre por culpa da fame, da violencia ou da soidade.
Sangrar, sangran, desde a ceruda á parreira, pasando polo castiñeiro, a nogueira ou o zreixal, pero non sei se os vexetais senten ou non. Agora ben, está claro que hai numerosos vexetais que son ben máis expresivos cá moitas persoas, esas persoas ás que, por certo, chamamos caras de pau. Mesmo as árbores mortas, despois dun incendio (¡¡canto castiñeiro así, en Brumoso!!), son abondo máis expresivas que moitas "persoas humanas", como adoitan decir algúns, supoño que convencidos de que hai persoas que son verdadeiros animais, ou que hai persoas vegetais e minerais.

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Coido que está asustado.
Eu en contra túa, penso que todo pensa, agás os homes, se no fora asi esto non estaria como está.En Brumoso habia unha grande masa arbórea, que se naide le pon remedio ten os dias contados. Cada Veran, o fin do mesmo sempre pasa o mesmo lume por todolos sitios.
A miña teoria, é de que quen queima, non é demasiado consciente do que fai, ou é algue´n que saca algún probeito.
Confiemos nas novas xeracions

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Eu tamén creo que está asustado. E a miña pequena, a que dis que che ten medo, tamén ti que o afreixo ten medo. É que as persoas humanas somos de moito temer.
Saúdos

Nane Nane dijo...

Que marabilla!!xa irei por a tua barriada a velo, a ver si o acho..
A meu entender,todo sinte, o que non quere decir que todo o que sinte o poda expresar, pero a terra a súa maneira queixase...Este afreixo tan precioso recordame a escena da pelicula do señor dos añeis,xa sei que é so ficción, pero eu estou desexando que todos os rebolos, carballos, castiñeiros e demáis vexetais de brumoso se poñan en pe coma na película, e nos digan cuatro verdais ben ditas, pra que se nos caia a cara de vergoña por tanto esfalamendrar a terriña...
Dille a Alicia, que non le teña medo, que seguro que é un afreixo bon que ten esa cariña porque algun dia deronle un susto moi grande..seguro que si pega a orella nel pode ouvir mutas cousas que descoñece.
Bicos para ela.
Nane Nane

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Alicia non lle ten medo ó afreixo. Di que o afreixo ten pinta de ter medo máis que de meter medo. O teu tiu é o que di que Ali lle ten medo a el. E se cadra fai ben. Se non o quere así, que non se dedique a asustar nenas.
Un bico