Sospeito que, a falta de ideas capaces de rachar co pesimismo dos mercados, os gobernos andan a nomear axentes secretos que teñen como obxectivo convencernos de que as cousas non están tan mal como poden parecer. Son os animadores da economía, estes axentes. Ilusionistas que teñen moi difícil papel por cumprir. Os que din que hai menos desemprego. Os que aseguran que os prezos da vivenda baixaron sí que son axentes secretos vendedores de optimismo. Pero teñeno polo menos tan difícil como os vendedores de gromos verdes. Se a vivenda non custa tanto como vivir... Se non custa como unha alma, por aí andará a cousa.
En tempos de crise, todos somos moi remisos a mercar. Nin coches, nin motos, nin gromos verdes. En Fontiñas, terra dos últimos pisos que se venderon a prezo razonable na capital de Galicia, estes días hai o que podería ser un novo modelo de vivenda para os novos tempos. Creo que é o vestidor dos operarios que andan a remozar un dos bloques, pero ben podería ser un modelo de vivenda para seiscentoseuristas (cantos quererían ser mileuristas hoxe). Vivenda con auga corrente e desaugue. Con porta e mesmo ventá, pola outra banda. Completa. Cabería agardar que o IBI non fose especialmente gravoso.
lunes, 5 de julio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Esas vivendas que dís, polo menos teñen boa pinta. Que teñan porta e fiestras e auga, é normal, mais que teñan desaugues, xa é o colmo do luxo.
Si ves que merece a pena e hai negocio comprame sete, dentro dun ano vendoas polo doble e...xa ves, ahí está o negocio.
(¿Por certo a verba negocio,deriva da negación do ocio, por que a usamos do xeito anterior?)
Fodido xabrés, non só te mostras disposto a exercer de especulador en tempos en que iso xa non está tan ben visto. Enriba posme problemas, xeroglificos ou o que sexa. Coa calor que vai, as poucas neuronas que me quedan están de vacacións. En Brumoso, claro. Supuño que para ter qué gastar no ocio hai que facer antes negocio, como sexa. Por iso andan asociadas as verbas.
Pois non vas tan desencamiñado... A verdade é que xa existen propostas para crear vivendas basadas en módulos de casetas, pouco máis grandes ca esa da foto.
Ben sei que é así. A realidade é incrible, xa se sabe.
Publicar un comentario