Seica quería ser recordado como una boa persoa e así será. Un gran escritor que soubo retirarse antes de que se resentise a calidade da súa obra. Nisto gañoulle a Torrente Ballester. Un home recto que non se deixou comprar polo capital de Planeta nin polo de Prisa.
Como lembra Marina Mayoral no seu artigo de La Voz, o editor Lara tentou convencelo para que presentara unha obra ó premio Planeta desde a seguridade de que o gañaría, pero el descartou a tentación porque pensaba nos ilusionados principiantes ou non consagrados que presentarían un libro con toda a ilusión e ningunha posibilidade de gañar o premio. Nisto gañoulle a Cela que aceptou presentarse e gañou para deixar unha memoria de pleitos, ademais da seguridade de que nunca foi unha boa persoa, aínda que fose un excelente escritor.
Cando Miguel Delibes rexeitou dirixir El País, nun momento en que estaba chamado a ser a voz da nacente democracia, supoño que tivo máis dúbidas. Chegara a dirixir El Norte de Castilla e rematara por deixalo cansado de tanto pelexar contra a censura do tardofranquismo. Seguro que lle resultaría tentador dirixir un proxecto como El País, pero dixo que non por non deixar as súas raíces, ben entorgadas (que diría o Xabrés da Teixeira) entre Valladolid e Sedano.
Cando se morre, case todo o mundo é bo. No caso de Delibes foino antes, foi bo sempre. Por iso non é de estrañar que fosen máis de 20.000 as persoas que quixeron decirlle adeus. Botámolo de menos milleiros de persoas que só podemos achar consolo en saber que nos deixou unha fermosa colección de historias emocionantes, unha manchea de personaxes tan inesquecibles como el propio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Creo que, efectivamente, era un home bo, dalgún xeito traslucese dos seus libros.
Gracias a túa entrada anterior, deime conta de que me trabuquei no nome do Senderines, e creo que algún utro mais. Eche o que ten fiarse da memoria, e non repasar.
Con relación a Cela, podo decir, agora que non me oie naide, que non creo que escribira tan ben como dicen, polo menos a min aparte de non decrime nada, nunca fun que de acabar un libro del.Mazurca para dous mortos casi fixen cuestión de honor acabalo, e non puiden, polo medio tireino.
Pasoume o mesmo con ese libro e con algún outro. Pero La familia de Pascual Duarte, La Colmena, Las nuevas aventuras del Lazarillo de Tormes e outras da súa primeira etapa, entre elas os libros de viaxes, merecen recoñecemento. Non o Nóbel, a meu xuízo, pero tampouco o merecían (non tanto como Delibes)outros que o pillaron antes.
aquí un que acabou la colmena e la familia... unha lembranza a Delibes, que El Camino deixoume pegada
Publicar un comentario