miércoles, 7 de abril de 2010
Hai que ir morrendo
Así se titula o meu último libro, especialmente recomendable para persoas capaces de tomar o referido á última viaxe co humor que merece un asunto do que non se pode pasar pero no que tampouco se debe pensar demasiado, para que non nos faga remarguexar a gorxa mentres andamos por aca e podemos endulzar a boca. Non sei se Hai que ir morrendo é unha novela futurista con certo contido autobiográfico ou unha sucesión de relatos de humor. Pode ser una historia de iniciación arredor da morte ou unhas memorias do futuro que me agarda, agardo que aínda un chisco lonxe. Tamén pode ser unha aposta comigo, un conxuro para que se me permite gozar da vida tres décadas máis, ou así. Se para unha escapada de fin de semana ou unhas vacacións facemos tantos preparativos, por que non deberiamos comezar a prepararnos logo para a única viaxe que ninguén pode deixar de facer? Tamén é iso, este libro. E máis cousas que non sei. Sei que non quixen frivolizar arredor da morte. Que si quixen quietarlle ferro ao asunto. Deixar algo que faga sorrir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario