martes, 1 de diciembre de 2009

Empezadallo e acabadallo

Como non se me ocorren nin recibo novas incorporacións para o palabrario de Brumoso, vou engadir ás últimas que quedaban no peto, as tres que me apuntou unha amiga de sempre e unha de propina. Empezadallo, acabadallo, diantas. Ese regalo me deixou na antepenúltima entrega, a da restra case completa. Tardou en incorporarse á rede, pero a este paso non tardará en facerse blogueira. Grazas, Lucía. Eu sumo escancha e quedo herniado.

Acabadallo.- É o remate de algo, o sitio onde acaba. Para min que está referido sobre todo ós tecidos; o sitio onde acababa o calcetín ou a farrapa. Pero creo que tamén se utilizaba noutros contextos. Esta entrega podería ser o acabadallo do vocabulario, polo menos nunha tempada.
Diantas.- Vén a ser sinónimo de hai un nada, hai un cacho, vai un momentiño, diantas.
Empezadallo.- O empezadallo, pola contra, é o sitio concreto ou o momento en que empeza algo.
Escancha.-Unha medida que seica non existe no galego normativo. Non é un paso, penso que é un paso largo, algo forzado. Non está no GX, que só recolle escanchar como variante de escarranchar. Escarranchar, a min dame que ten que ser escancharse esaxeradamente, como habería que escancarse no lombo dunha égua moi moi gorda, ou para cruzar unhas poldras moi moi separadas, sempre que se saltaran sin brincar. En ver de escancha, iso sería unha escarrancha.

E aquí o enlace á lista case completa. So haberá que sumarlle esta entrega e a anterior.

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Amigo. sean bevidas esas vebas.
Eu tento, sempre que me acorda dalgunha, de deitalas nalgunha das chorradas que se me ocurren, asi non teño que definilas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Está claro que a mellor forma de evitar que as palabras esmorezan é usándoas. O que pasa é que ti escribes demasiado para poder lerche todo. Ademais, cando che leo procuro gozar co que contas, non vou co chip de cazador de palabros. Terei que levalo posto.

Saúdos

Xabres da Teixeira dijo...

Monsieur LoRo, voute pasar nunha verba que fai pouco me veu ó caletre:
Espichar.- Decíase de aquel que acababa de pasar a mellor vida. Ej.Fulano espichou, ou, espichou-as esta noite pasada.
Agardo que che guste. Non lamentes que o personal non deixe "palabros".
Eu creei unad rede social, que darei de baixa, pois o único que sube cousas son eu, e sei que ten bastantes entradas, mais solo para mirar, ninguen quere deixar nada.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Gústame, pero xa está recollida no Gran Xerais con ese mismo significado. Os galegos de aquí tamén espichan. Non sei se encartarán os tarecos, pero espichar, espichan. Cacho na tos!