Os modernos profetas apostan polo libro como soporte cultural con máis futuro. E nós teimando por enredarnos en Brumoso, Xabrés da Teixeira, Me cago en la Luna ou 365 imaxes por ano. Temos que sentar a cabeciña e reiventar os papiros, escribir na pel dun cordeiro que nos pase o Xe Antoño, grabar mensaxes nunha vella taborela, na caniza dun carro, na porta da bodega. Un visionario da comunicación como Umberto Eco (tamén novelista de éxito con historias como O nome da rosa) acaba de dicir que deixaría en papel unha mensaxe para o futuro. Eco vén de publicar un libro baixo o profético título de "Non esperedes librarvos dos libros" e, de paso por estas terras, advirte que hai libros de hai 500 anos e manuscritos con máis dun milenio e que, por contra, non se sabe o que durarán os soportes electrónicos e os aparellos que os reproducen. Recorda que os discos flexibles morreron antes de completar a súa capacidade de almacenar datos. Umberto Eco di que Internet acolle unha mermelada comunicativa onde todos falan igual. Eu non estou totalmente de acordo, non podo. Porque, sen ir máis lonxe, en Xabres da Teixeira acho a miúdo historias con moi marcada personalidade, inimitables. O que non me impide botar en faltan unha selección das mellores nun soporte de papel. E tampouco se me escapa que, por cada libro dos últimos tempos que merece ser conservado durante mil anos, hai seguramente cen mil que farían un bo servizo axudando a prender un lume (diso sabía moito o Carvallo de Vázquez Montalbán). Claro que se o lume se fixese directamente co anaco de árbore de onde saíu o libro o proceso previo ocuparía a menos man de obra.
Por se acaso, a aínda que pasar á posteridade non forma parte dos meus grandes obxectivos vitais (conque non se me recorde con noxo ou xenreira xa me abonda), eu sigo xogando a dúas bandas e procurando publicar algunhas historias en papel. Por se acaso. Co espazo que haberá na Cidade da Cultura, se cadra ata algún dos meus libros acha acubillo e, nun futuro moi lonxano, alguén me descubre como autor interesante.
Umberto Eco non é único en defender os libros libros fronte aos libros electrónicos. Faino tamén Xurxo Mariño, nun artigo que acabará tamén en soporte de papel, en mans de persoas que aínda ven mellor cando as palabras están nese estado.
Eu non teño nada claro. Sigo a ler xornais en papel, nestes tempos nos se que poden ler a golpe de clik. Sobre o futuro do papel como soporte de comunicación teño máis dúbidas ca certezas. Coma en todo.
Toda esta parolada electrónica vén a conto de que acabo de publicar "Lixo", un libro libro cunha historia dura, das poucas onde non sae Brumoso nin Val de Marcos, un relato de suburbios de cidade, de persoas sen teito, á procura dunha compaña ou unha amizade que convirta en menos frías as solitarias noites da vida. Aquí queda unha capa que, en pocuos días, se poderá ver nas librerías.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
En la última revista de "Muy Interesante" explicaban cómo funciona uno de esos libros electrónicos y la verdad es que parece interesante, sobre todo porque se evita la tala de árboles y ahorran espacio y dinero. Aparte de que sólo gastan energía para pasar de página, porque no usan luz, sino una especie de tinta digital que se coloca en los puntos necesarios de manera inteligente o algo así.
Pero no creo que eso vaya a hacer desaparecer a los libros de papel. Quizá sean útiles para leer novelas, pero no me veo yo estudiando por uno de esos, porque el poder hojear y tener un esquema mental de dónde están las páginas no es lo mismo en un aparato.
Y para conservarlos para la posteridad qué duda cabe que es mejor el papel, porque si nuestra civilización se pierde, a ver quién viene después a descifrar cómo se abre un archivo pdf, eso si saben cómo usar el cd o tarjeta donde esté metido.
Además es más fácil encontrar un libro en una estantería que un minúsculo archivo vete a saber dónde.
Ambos formatos van a convivir, aportándonos cada uno sus ventajas. Al final lo que importa es que se siga leyendo, y ya está.
Como diría o Xabrés da Teixeira, estou de acordo con voÇe. En xeral. Buscar un documento en el ordenador a partir de una palabra a veces es más fácil que dar con el libro en la estantería, pero las herramientas informáticas también fallan y, entonces si que estamos perdidos. En fin, eu supoño que acabrei usando o libro electrónico para ler, máis pronto ca tarde, pero lerei máis en papel. Teño tantos por ler que non hai crise que vala como escusa. E, ademais, sempre gusta reler algúns libros que o merecen. Saúdos, Lete.
Meus parabens polo alumbramento.
Prometoche una lectura atenta, e unha critica sobre o mesmo.
Pasarei a falar con Celia e tamén con Crego, e se hai algún erro, haberá que despedilos.
Unha aperta.
Publicar un comentario