jueves, 7 de mayo de 2009

O irresistible encanto do arraiano

Ás veces penso que se hai algo máis importante que ter un país, unha cidade ou unha aldea é ter unha raia. Non pola importancia das fronteiras, coas que non teño maior simpatía, porque só serven para separar, e a miúdo de forma arbitraria. Non hai mellor procedencia que un sitio indeterminado, confuso, un territorio mestizo, e para eso nada mellor que unha raia imaxinaria. Deste xeito, un pode cambiar de procedencia cando lle conveña. Sempre me gustou ir polo mundo falando galego e dicindo que era de Zamora. Sempre abracei a patria do Penedo dos Tres Reinos, a encrucillada de ningún sitio, a cabalo entre todos os lugares: Portugal, Galicia e Castela.



Algo de encanto debe de haber nos territorios mestizos para que sexan a miúdo protagonistas de libros -como o "Arraianos" de Méndez Ferrín-, de historias ou de reportaxes como a que ven de saír na edición galega de El País sobre Castromil, a cabalo entre Zamora e Ourense. Só lle falta revelar á receta secreta da pedra para curar as mordeduras de vibirón. Perdo daquela non sería secreta e perdería a virtude.

1 comentario:

Xabres da Teixeira dijo...

"Tou" dacordo con voçe.