O rural resucita coa crisis. En Brumoso aínda non se nota, pero seica a tendencia xa se está a ver en moitos sitios. Xente emigrada a zonas industriais que retorna á aldea e saca ferruxe a vellos tractores para pedirlle á terra o que non lles dan as empresas nin as oficinas de emprego. Porque a terra é máis xenerosa cá cidade. A terra, a pouco que lle deas, da. Nunha reportaxe publicada en El País saen exemplos que nos son próximos, o dun mozo de Chaguazoso que está contento de volver a dullar coas vacas, logo de quedar no paro. Volve de L`Hospitalet, unha cidade onde seica hai dous equipos de fútbol, de afeccionados con menos de 40 anos, todos eles dese mesmo lugar do concello e A Mezqueita onde algúns chegamos -tempos aqueles- na procura de días de festa. A este mozo tocoulle volver antes dos corenta e pode acollerse ás axudas de Xunta de Galicia para a incorporación de xente nova ó mundo rural. Aparece retratado, cón dúas das súas vacas, nunha corte das de antes (a da imaxe non é a súa vaca, a da imaxe chamábase Garbosa e criaba vitelos como poucas vacas do país).
Non sei se a normativa galega é máis tolerante, máis próxima á nosa realidade. Se en Brumoso quixesemos volver a poñer unha vacada temo que o teriamos máis difícil. Teriamos que facer unha nave fóra do espazo urbano, gastar uns bos cartos nesa construcción, porque o gando semella ter más dereitos cás persoas. Somos de Castela e León, esa comunidade que é terra de campos, onde hai grandes explotación agrogandeiras. Non sei se a normativa recolle excepcionalidades para as bordas, para as zonas como As Portelas, onde á parte de falar galego estamos condicionados polo minifundismo que impoñen os lombeiros.
Con todo, a terra é máis xenerosa cá cidade. A pouco que lle deas, devolve multiplicado. Non dará para embolsar unha soldada a fin de mes, pero sí producirá de abondo para non ter medo de pasar fame. Cunha hortiña, catro nogueiras e media ducia de castiñeiros, con catro pitas e media ducia de coellos, quen dixo medo?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Ei Hoo..!, estou moi ledo de ler o teu comentario, creo que das no prego de cheo.
Desgraciadamente na nosa terra os políticos parecen extraterrestres ou algo parecido. Castela-León é demasiado grande para xeneralizar.
Creo que nunha entrada miña anterior falaba das queixas do amigo Xeantoño,fanle a vida imposible, e todo polo raio dunha subvención.
Da crise non quero falar pois poderian levarme o caldeiro se me deixo levar pola carraxe, ainda que moitas cousas poderia demostralas.
A culpa é nosa por deixar a estes indocumentados que rixan as nosas vidas.
Esto alongase moito, polo tanto, unha aperta daiqui a que nos véxamos.
Olvidouseme, a vaca e o becerro,¿estan no curral das vichas?
Teño un amigo empeñado en fundar un partido de maiores cabreados. Imos ter que apuntarnos.
A vaca e o vitelo están no curral das Bichas, claro, cos berbiois por testigos.
Saúdos
Publicar un comentario