lunes, 26 de enero de 2009

Todo o mundo na plaza, ¿que pasa?

Todo o mundo na praza do lugar, poucas veces. Cando se tocaba ó concello había unha persoa por familia, un representante. O mesmo que nas mallas ou noutros traballos en común, como amañar un camiño esfalamendrado polas rigueiradas dun trebón. Xuntábase todo mundo para os enterros, pero non dando a cara. O fotógrafo tería que sacar a todo o mundo de costas, seguindo aos que levaran a caixa; a menos que o fotógrafo fose o defunto, nunha cinta surrealista. Cando se xuntaba todo o mundo era nunha ocasión como esta, unha boda, neste caso, doble boda, inda que un dos novios estea tapado por alguén máis preocupado pola cámara que pola compañeira. Nin sequera nas festas, no momento do baile, se xuntaba todo o mundo, porque estaba mal visto que a xente de luto acudise a escoitar a música. Pero nunha boda, sobre todo despois de saír da igrexa, todo o mundo compartía durante uns minutos a celebración; despois, os convidados, a comer o que houbese, polo menos un carneiro ou dous; os demais, cada quen para a súa casiña, caldo, pan negro e touciño.

14 comentarios:

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Por se non a das encontrado, Louxeiro, aquí a tes a teu dispor.

Louxeiro dijo...

Muchas gracias.
Esto es como donde esta Wally pero en versión louxeira, a ver quien encuentra más gente conocida

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Teño claro a quen non buscar. Nin Sera, nin ti, entre outros e outras. Eu en cambio, xa andaba por alí, á espreita; así me vai o pelo agora.

Gema dijo...

Esta es una buena manera de conseguir fotos de la familia, yo esta no la habia visto nunca.Gracias.

Xabres da Teixeira dijo...

Aparte de que prima o xenero fiminino sobre o masculino, teño que dicir que hay algunhas mulleres que me fixo ledicia velas.
A mágoa é que se non me trabuco, xa hai mais no otro lado que neste.
Unha bonita foto que trae moitas saudades, por certo alá arriba, inda se ve o minoco do "ti" Antoño.
Apertas.

Xabres da Teixeira dijo...

¡Oes! despois de moito mirar e remirar a foto, gostariame saber que é a persoa que hai contra a parede do forno, espero que non sexa unha ilusión, e outra que hai debaixo da figueira da escaleira da tia Magdalena.
Roeme a curiosidade.

Lete F. dijo...

Dice a señorita Josefina que a que esta contra o forno e a tia Soledad. Mais as duas debaixo da escaleira están en mala posición pra ser identificadas polos nosos peritos.

Lete F. dijo...

Por cierto, me acordé que en Flickr se pueden etiquetar partes de las fotos, así que he subido la foto y he ido poniendo los nombres de la gente según me indicaba mi madre. El problema es que se ve algo pequeña.
El enlace es este
Faltan algunos por poner y uno que hay en la derecha creemos que es Fidel, pero no lo sabemos seguro. A ver si entre todos se sacan.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A que chamades Xon, a min parecíame a tía Palmira, pero se cadra tedes razón. Diante do Agustín creo que está a Regina. O que está de lado do Diego, a esquerda, ¿podería ser o Delfín? Detrás da Milagros asoma a miña cabeza. Detrás da Oaquina está e Delmira, creo

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Non é detrás da Joaquina; A tía Delmira creo que está entre a tí Ma e a tía Cataliña, detrás delas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Entre a Fina e a Ester, detrás, a Lourdes. Detrás da tía María Rosa, o Agenor; o que está onda o Ricardo, ¿non será Manolo O Xabrés?.

Lete F. dijo...

Ya matriculé a los inquilinos que dices. La que dices que es Regina mi madre dice que no es, y que Agenor tiene que ser el que dice ella por edad y porque le reconoce "las patas".
Dice que la que sabrá quién son es Xon, a ver si o Louxeiro puede traer noticias.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

A que tes marcada como Alicia é a que eu creo que é a Delmira (pero se cadra trabúcome); por exemplo, o que marcas como Ángel, a min paréceseme ó Alejandro; a vista engaña e, neste caso supoño que túa mai ha ter mellor criterio. Salvo que a Xon, como dis, tercie no caso.

Lete F. dijo...

Alicia si que dice mi madre que está segura que es ella y mi tio Ángel tiene que ser ese porque lo he conocido hasta yo, solo que no tenía el bigote del Capitán Alatriste.
También le he enviado a Gabriela un par de fotos que teníamos en casa en las que salías tú entre otra mocedad (Silverio incluído), recuérdaselo por si se le olvida.