domingo, 18 de enero de 2009

Pel enfeitada, corazón de pedra

Como estes días non son capaz de pensar en nada que non sexa a masacre de Gaza; como non podo por menos que sentirme cómplice e corresponsa- ble como cidadán dunha Unión Europea que en política internacional é papel mollado; como saberme entre os que protestaron e se manifestaron en contra destes asasinatos en masa non me serve de escusa nin me limpa a conciencia; como me vexo no futuro como un deses europeos dispostos para gastar, aínda en tempos de crise, algunhas partidas orzamentarias para regalar tiritas ós feridos e reconstruir o esfalamendrado polo exército de Israel sen que nin a USA nin a ONU nin a UE quixesen ou puidesen dicir alto aí; como non teño nada máis que dicir, só se me ocorre seguir engulindo bile e publicar esta fotografía, a dunha pedra presumida que me saúdou durante o último paseo pola Ladeira: non trato de facerlle a competencia ó louxeiro de 365; o único que acontece é que me reapareceu a imaxe no escritorio e o que vi hoxe nela foi unha metáfora de nos mesmos neste momento: pulcros e enfeitados europeos por fóra, corazón de pedra por dentro.

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Vexóte, é un decir, algo alporizado polas inxusticias. Todo está lixeiramente fodido (gostame moito o palabro), ainda que creo que sempre foi así. Todo depende do lonxe que nos quede. A Roda sempre dará voltas.
Dicen os cabalistas que todo está programado(tamén é unha maneira de decir), é que hasta os maus, escolleron o seu rol. Non sei, hai que buscar alivio por todos os recunchos, senon acaba un en Conxo.
Apertas

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Sei que o meu cabreo co mundo non é bo para min nin amaña nada, pero cústame distanciarme das carnicerías humanas. Non intento facelo. Non quero.

Saúdos

Xoán Salgado dijo...

Entón por que te distancias da carniceria de Darfur, de Hamas contra Al Fatah, dos kurdos, dos chechenos... Por que so te importan os palestinos e so cando perecen a mans de xudeos? Porque es un xudeófobo e se cadra non o sabes. É o que ten esa enfermidade social incurable, que como coa hipertensión non a notas, pero a tes. Ainda peor, se o médico che di que tes hipertensión crees nel, pero se che diagnostican xudeofobia, ainda que cho diga a tua nai ou a persoa que mais queiras, entón non fas caso. Alá tí."TRISTE EPOCA A NOSA; É MAIS FACIL DESINTEGRAR UN ATOMO QUE UN PREXUIZO" O xudeo Albert Einstein.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Grazas polo teu "imparcial" (e gratuito)diagnóstico.