viernes, 2 de enero de 2009
O secreto do noso apego a Brumoso, ¿é cuestión de terra ou asunto de raíces?
¿Onde está o secreto do noso apego a Brumoso e Val dos Marcos? ¿Onde hai que buscar a explicación? ¿Como é posible que as nosas raíces tiren tanto de nós despois de alimentarse, durante tantos anos, tan lonxe da nosa terra? A explicación vai estar na propia terra que nos viu nacer e dar os primeiros pasos. Din que a terra negra, como a nosa, é a que ten máis nutrintes. Din que é a mellor para dar froitos de calquera tipo. Así as cousas, cunha mínima raiciña, cunha varfa que nos quede alá prendida, casi sen darnos de conta, abonda para que a terra siga tirando de nós, para que nos sintamos coma se nunca estivesemos lonxe, coma se nunca saisemos do val de Brumoso. A fotografía que lle fixo o Xabrés da Teixeira a ese castiñeiro que preside a entrada ó noso lugar ben pode servir de demostración. As raíces que ten cara ó oeste abóndanlle para sosterse e alimentarse, para contar anos de cen en cen. O castiñeiro escolleu deixar o resto das súas raíces á vista, debullando labirintos para que os rapaces de varias, de moitas xeracións puidesen xogar ás escondedallas entre elas. Ou para que os observadores puidesen adiviñar alí as patas do dragón adormecido pero en garda, sempre velando porque ningún mal -máis alá da vida que sigue o seu curso- moleste ós veciños.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ese é o castiñeiro onde cada domingo despois de misa se reunía o persoal, tanto se había concello como se non. A tertulia acababa diante da casa da tia Iginia. As veces as mozas vianse obligadas a pasar polo medio(non había outro camiño)é se algunha "falaba" con algún mozo alí presente, o problemiña estaba servido.
As raices de ese ser, son impresionantes, é as que non se ven deben ser fortes e fondas.
Polo que vexo xa retornesteis o mundo do asfalto e do cemento. Nada neste mundo é para sempre.
Retornamos, logo de inaugurar a casa por segunda vez. Se os políticos inauguran ata primeiras pedras, por que non vamos inaugurar unha casa case rematada. Por iso.
Ata os cans preguntaban por vós, pero outra vez será.
Saúde e bo ano.
Publicar un comentario