martes, 10 de febrero de 2009
¿Caprichos ou agasallos da maltratada natureza?
Pese ás nosas constantes contribucións a ese cambio climático tan evidente, por moito que proliferen os apóstoles do non (ben pagados, seguramente) como Aznar e compañía, a natureza segue a regalarnos imáxenes impagables. ¿Son caprichos da natureza ou guiños que nos fai para ver se nos ablanda para que a tratamos mellor? ¿Tal vez só dous castiñeiros namorados, alleos ós miróns? Agardemos que non sexa o canto do cisne antes de morrer. Esta imaxe regalada capturouna o Pablo e estou seguro de que celebra vela de novo e compartila.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Dime que estou trabucado, e que, o que se ve non é a portela de Rebordelo.
Parabens a Pablo pola foto. Cando o vexas dile que estou pensando en por un post sobre dúas aventuras del con meu irman Xeria.
Apertas.
Creo que é, efectivamente, a portela de Rebordelo, desde o límite entre o Tolaco e o Castro. O do post xa llo direi cando estea publicado, por se non se entera. Non sei se era teu pai ou o Eloy, un deles contaba con moita gracia un enfado do Pablo, que saiu da casa para o patio bufando.
-Qué pasou -preguntaba o avó Anselmo.
-Non quero a naide -dixo o rapaz.
-Fas ben. Eu tampouco -retrucaba o vello.
Publicar un comentario