Creo que xa non se leva, como hai anos, eso de deixar entrar gratis ás mulleres nas discotecas. Máis que deferencia, supoño que era unha utilización comercial: se había mulleres de abondo, os homes entraban e pagaban o que fixese falta. Creo que o costume está en desuso, que tamén vai habendo máis igualdade nisto. Antes, nos contornos rurais onde nada se sabía das discotecas, onde se devecía durante todo o ano pola chegada da festa para ter un disntinguido de roupa, de comida, de baile con banda de fóra, antes había formas de deferencia hacia as mulleres menos comerciais. Conta a miña tía Marina o que lle contaba a tía Xon dunha vez que fora de festa coa miña avoa Francisca a Chaos, onde as Bichas tiñan moita parentela. Esta era, por certo en castelán, a copla que lles cantaban diante da porta:
Esta casa sí que é casa,
estas sí que son paredes,
donde está el oro y la prata
y la flor de las mujeres.
Estrellita forastera,
no tienes que acobardarte,
que aquí está mi corazón
para quererte y amarte.
Os mozos plantábanse diante da casa das forasteiras e botaban a súa cantarena. As mozas asomaríanse á ventá ou ó corredor e tiñan licencia para irlles tomando a afiliación ós futuros bailadores. Cantada pola Marina, a copla luce máis. Cantada polos mozos de Chaos, non o sei. Pero galantes si que procuraban ser, ¿ou non?
domingo, 19 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Tempos aqueles, que os vellos chamaron dourados! ainda que creo que a frase é mais antiga.
Ahora eses trebellos modernos, como a TV, e incluso a nternet, xa fieron olvidar as maneiras.
¡Oes! estiven en Val dos Marcos, e trouxen oito noces, visitei o porqueiro e nada.
Mais vou confesarte unha cousa, roubei unha ducia de mazas golden na mazaira de un veciño, e dex romates xerry, do mesmo veciño,¡da gusto roubar!
Non sei se non le terei que dar as grazas a doña Amalia.
Apertas.
As mazas mostranse elas soas; pero dos tomates igual non sabías nada de non ser por este blog. E que non se pode dicir nada, que todo se sabe. Bo proveito. Nos inda non acabamas cos que trouemos hai dez días e xa andamos enfastiados deles
Publicar un comentario