¿As claves do equilibrio emocional? ¿O segredo para non tolear neste mundo de tolos? Non hai que ser Rojas Marcos (que pode axudar) para ter unha lixeira idea sobre as solucións. A clave está en nas válvulas de escape. O mesmo que a ola do cocido precisa da válvula para non converterse nunca bomba e estoupar, a cabeza da persoa, aínda que non se pareza a unha ola, precisa do seu escape. Esperrerar pode axudar, pero non é suficiente. O importante é botar unhas risas, mellor se son gargalladas. O importante é, tamén, dispor de refuxios ós que acudir logo de botar pestes contra o traballo (ou contra as colas do paro).
O meu escape foi case sempre soñar, meterme noutras vidas, vivir outras aventuras. Pero teño un amigo de apelido Boó, que gusta de chamarse Boógart (outra forma de vivir outras vidas) e que ten a súa válvula de escape na música, nunha banda que se chamou Esguince de Frenillo e que, desde hai un tempo (dis que desde que hai dous médicos entre os componentes), xa se chama só Esguince ("The Paleo Rock Band"). Non só o pasan moi ben os membros desta panda de medioseculeiros; fan que o pase ben quen se arrisca a velos en concerto. Teñen actuado en moitas prazas, entre elas a do Toural de Santiago, no pasado mes de xullo. Para os que non teñades oportunidade de velos en directo, vouvos achegar un enlace para que os vexades no videoclip incluído nun programa de Galicia para el mundo. Non di verdade. Son moito mellores en directo, cando fan versións de Creedence Clearwater Revival, dos Rolling ou dos Beatles. Saragosa é da súa propia colleita, de cando eran máis popeiros (e + heavys en letra). Hoxe, quédalles mellor johnny be good ou satisfation. O meu amigo é o que canta. Non podedes imaxinar canto gosa nun escenario.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡Oes!, o teu amigo é un verdadeiro showman, haberá que contratalos para es festas de Sancibrao, o mellor se lo pides fan un desconto.
O asunto de evadirse, está moi ben, eu engadiria, que eso con un chisco de deporte sería completo.
Apertas
Quédalles un pouco lonxe pero, quen sabe... En todo caso, creo que conectarían mellor coa tropa nova que hai no agosto. A música que fan non se presta para bailar agarrado.
Publicar un comentario