Lubián, xa definida como aldea mítica (por culpa do tren), volve estar de moda. O próximo domingo acollerá unha manifestación promovida polo BNG para reivindicar diante do Goberno de España que a chegada do tren de alta velocidade a Galicia sexa efectiva en 2012. O motivo de escoller Lubián é porque a vila vén a ser comezo ou fin (ou está no medio) de dous tramos básicos para que a grande infraestrutura pendente chegue a bo porto: Zamora-Lubián e Lubián-Ourense.
Os negocios de Lubián perderon moito negocio cando a estrada xeral de toda a vida quedou superada pola autovía das rías baixas, cando os trens deron en non parar na estación. Coa chegada da alta velocidade, semella que as cousas non van a cambiar demasiado. Agora ben, mentres as obras estean en marcha e aínda tendo en conta que as grandes tuneladoras substituiron desta volta aos centos de carrilanos que abriron o camiño de ferro orixinal, a alta Sanabria no seu conxunto, e Lubián en particular, volverán estar en todos os mapas. A data da chegada do AVE non vai depender tanto de que a manifestación sexa un éxito coma da posibilidade de que José Blanco, liberado de ataduras partidarias, acabe recuncando en Fomento. Pero esa é outra historia e tamén está por ver como acaba.
O ano pasado estiven nunha manifestación que se desenvolveu en Lubián para recabar mellores urxencias sanitarias; foi en agosto e aínda estaba alí o amigo Horacio, con boa parte da súa familia. Esta vez non vou poder estar, pero acordareime dos manifestantes porque farán un percorrido que eu fixen moitas veces, e tamén no coche de San Fernando, cada vez que viña de vacacións, mentres estiven estudando. Os manifestante proTAV virán pola estrada; a min gustábame baixar ata Lubián polo carreirón, porque se atallaba e porque había máis sombras. Supoño que agora as matagueiras non deixarán pasar nin ás corzas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Pois si, nos "papeles" os de Lubián aparecerán (pareado cutre). ó mellor non era mal momento, cando cheguen as obras, para facer bares itinerantes.
Iniciativa emprendedora! Pide un microcrédito no Igape e a facer negocios itinerantes!
Alí estaremos se o tempo o permite e a autoridad non o impide.
Oes os prestamos do igape, coido que non son para todos.
Queda pouco para ir lavar a colla o Tuela.
Nin pa todos nin pa investir en Zamora. Para o da colla, queda menos, sí. Seica se encolle tanto que queda como a dun cativo, co fría que vai a auga. Pero quecera, supoño.
Oe, Xavier. Colle o teléfono e dille ós tes contactos do País que é Hermisende e non Hermosinde (sic).
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/cupula/BNG/reclama/estacion/Lubian/AVE/2012/elpepuespgal/20080721elpgal_1/Tes
Cala, cala; os paraísos perdidos se han seguir sendo paraísos vale máis que sigan perdidos. Un nome mal posto pode ser garantía de futuro.
Publicar un comentario