jueves, 3 de julio de 2008

Eucaliptos e carballos, ¿inimigos irreconciliables?

Os que somos de terra de carballos e aceptamos a versión ecoloxista que nos advirte sobre as propiedades desertizadoras do eucalipto imaxinamos que, en caso de colocar a un representante de cada especie de veciños, farían o imposible por apartarse un do outro; polo menos é o que fariamos os humanos non masoquistas nun caso semellante.
Esta imaxe está capturada nas proximidades da casa dun amigo que, ademais de ser amigo meu, é moi amigo de levar a contra ó pensamento dominante e ten entre mans un documentado traballo onde se propón botar por terra a mala prensa do eucalipto. Á vista desta imaxe, ¿que diriamos que fan o estirado eucalipto e o encamballotado carballo? Supoño que dependerá das nosas inclinacións, dos nosos coñecementos ou dos nosos prexuízos. Eu podería pensar que o carballo se arimou demasiado ó inimigo, que o eucalipto lle está a chupar o zume porque quere hibridarse para agromar unha nova especie de eucaliptos de madeira máis dura e valiosa. O meu amigo defensor dos eucaliptos podería dicir que ese incomprendido só está suxeitando ao seu veciño carballo para evitar que caia ó chan coma un saco de patacas. Non creo que o meu amigo me convirta ó eucaliptismo, porque cando un é de terra de carballos, castiñeiros e nogueiras xa non ten conversión posible, pero non deixarei de ser amigo seu por moito que defenda a esa especie. Se cadra, o carballo e o eucalipto da foto representan un caso semellante, de amizade por riba das diferenzas.

3 comentarios:

Nane Nane dijo...

Oliña!!
Eu tamén son "rebolocarballista"!!!
O primeiro que me ven á cabeza é ¿quen vivía antes alí o carballiño ou o eucalito? porque si cuando o eucalito chegou o carballo ainda era robolo, non tiña armas suficientes coma para imporse no seu terreno a si que o "mau" da película é mister mentol, e se foi o revés, cousa que dubido bastante, por iso da autoctonecidade, o eucalito fezo o menos que podía facer que é axudar a un amigo que le "dou" un anaco de terra pertencente os seus antepasdos...
Non hai verdais absolutas, penso, so puntos de vista distintos, e ainda que eu defendo a natureza en todas as súas expresións, non defendo que se faga uso desta para fins económicos, cama é o que se fai coa insercción dos eucalitos nun hábitat que non é o seu..
EEEEEEEIIIIIIIIIIII CARBALLEIRAAAAA!!!!
NANE NANE

Javier Lopez Rodríguez dijo...

O meu amigo fai un ensaio xornalístico. O teu, amiga da miña terra, é máis que un ensaio: é case un tratado filosófico, moi ben rematado por ese arrulo. Desde logo, con eucaliptos non se pode arrular tan ben.

Xabres da Teixeira dijo...

O Eucalipto, é un dos mais grandes rapiñadorez de auga, ali donde esta, se non a ten cerca, buca-a ali donde se atope.
Eu creo que ten espiritu de politico, que se sirven do medio mais non deixan nada.
Apertas-