No me parecía que fose necesario dado que en aberto xa temos o noso pequeno diccionario, pero como me pedían autorización e un nome como coordinador ou editor do glosario para comezar a traballar coas nosas palabras, xa o autoricei. Autores somos moitos. Partindo do Horacio e do seu vocabulario, seguindo polo xabrés Gabriel, Eva, Teresita, Josefina, Lete, a tía Esperanza, a Xon e a Marina, a miña mai e irmaos (o Pablo foi o que apuntou a posibilidade dunha posta en común en internet) entre outros. Seguramente haberá unha forma de procurar que o modesto recoñecemento sexa máis repartido; teremos tempo de comentalo.
O proxecto do ILG precisa que as palabras teñan unha referencia xeográfica fiable, “como mínimo ao concello (en Galicia e Portugal, en Brasil o dominio é máis grande), porque o noso servizo vai ofrecer cartografía automática”. Por iso creo que Hermisende vai ter que ser referencia inevitable, aínda que xa lles fixen saber que somos de San Ciprián “a práctica totalidade” dos colaboradores. Seguramente terei que seguir pedindo colaboración, porque van pedir aclaracións sobre a interpretación dalgunhas das palabras recollidas e, nalgún caso, eu nos as teño moi adoptadas. Así que seguirá habendo noticias.
Non achamos un tesouro: formamos parte del!
6 comentarios:
Maravillosa noticia.
Non son louxeiro de nacemento pero encontro a vosa fala preciosa, chamativa e tan propia de vos...
Alédome de tal circunstancia e o meu apoio total. Si chegase o caso a miña axuda aínda que sexa para andar detrás cunha libretiña facendo anotacións a tedes.
De momento, o bó é que se interesan polo traballo que xa fixemos. Pero non estaría mal que a atención que nos presten sirva para animarnos a desenterrar e salvar do esquecemento outras moitas palabras que aínda estarán por salvar. Iremos vendo.
Estube no Barrio de Sancibrao tres días, incluindo o de ida e volta, e non lera esto. Non está mal que teñan en conta a fala de Val dos Marcos.(Non é un invento meu, o nome. Nun estudio, publicado na Histotia de Galicia de Otero Pedraio, fai referencia a ese nome relacionado con o val baixo do Tuela, Martínez Risco), Apodereime do nome porque me gustou e porque efectivamente debe serunha das zonas con mais marcos. Seria porque abundaban as louxas.¡Que fale de nos, ainda que sexa mal!.
Crucémonos no camiño, Xabrés. Nos fumos o venres e volvimos o domingo. Sembrar sembremos (patatas e alubias), plantar, plantemos (tomates e pementos). O peor é que onte a noite xeou. Pero algo recolleremos e ben que nos virá, á vista de como anda o patio.
¡¡Estupenda noticia!! Teño que facer un esfuerzo "pra" poder escribir en este noso galego... Perdonai as miñas faltas, nunca pude velo escrito, a miña xentiña escribiase as notas en castellano, "Estamos en la faceiriña" "estoy en trasil"...Pero falabamos en galego, de pequena non o entendía, ahora vexo que non é tan fácil...
¡¡Estupenda noticia!! Teño que facer un esfuerzo "pra" poder escribir en este noso galego... Perdonai as miñas faltas, nunca pude velo escrito, a miña xentiña escribiase as notas en castellano, "Estamos en la faceiriña" "estoy en trasil"...Pero falabamos en galego, de pequena non o entendía, ahora vexo que non é tan fácil...
Publicar un comentario