domingo, 1 de abril de 2012

“El reino de la nada”, de Emilio Gavilanes, cheo de marabillas

Emilio Gavilanes é un escritor da nosa terra xabresa nacido en Madrid, un namorado da Carballeda e un contador de historias que namoran. Tiven a sorte de coñecelo durante una fría noite de agosto, o ano pasado. Tiven a fortuna de recibir, como primicia compartida con medio cento de privilexiados, a lectura de Primer día de escuela, un dos relatos que agora publica no seu último libro, El reino de la nada.

Primer día de escuela é un triste, fermoso, tremendo relato onde a memoria do pasado inda próximo —o que viviron os nosos pais— nos asalta e estremece, como nos estremece tamén La tabla del dos, co que comparte a difícil iniciación dos rapaces nunha etapa marcada polo salvajismo da guerra.

Despois de gozar cos dous relatos que Gavilanes leu a carón do Castelo de Puebla de Sanabria, seguín coa miña descuberta persoal de Emilio Gavilanes. A través de El bosque perdido, unha auténtica delicia; a través de Una gota de ámbar, unha crúa metáfora da sociedade moderna presa no illamento, na incomunicación da colmea; a través de El río, a historia universal de personaxes secundarios só en aparencia; e, agora, a través de El reino de la nada.

O relato que da título a este libro é outro exemplo singular da delicadeza coa que este escritor sabe contarnos as historias máis crúas. Tamén datada nos albores da pasada Guerra Civil, é a historia dun grupo de pacientes dun psiquiátrico abandonados polas monxas que os coidaban.

Tempo, memoria, distancia son algunhas constantes desta manchea de fermosas historias. O paso do tempo, a memoria que pasa dunhas a outras xeracións, que rescata e traslada de boca en boca, de man a man, que salva da distancia e do esquecemento. Para min, unha das grandes virtudes destes relatos é a forma en que o autor consegue facernos cribles os sucesos máis sorprendentes e, ás veces, afastados. Case sempre hai alguén próximo que comeza a contar algo que coñeceu de preto pero que, a seguir, nos vai levando por carreiros e túneles onde, por momentos, temos medo a perdernos, pero onde nunca nos perdemos. Sempre hai marcas que seguir, outras historias que nos atrapan, que nos fan pisar outras pegadas ata que acaban por levarnos ás primeiras para pechar o círculo e deixarnos non unha, varias intensas sensacións, varios sentimentos encontrados para reflexionar, cabos soltos para atar; ou non.

El reino de la nada non é un libro que nos leve a Guerra Civil, aínda que estea, como pano de fondo, en varios dos relatos. E un libro que nos leva do soño á realidade, da morte á vida e ó amor, da India a Galicia ou a Madrid. Que nos fai conscientes do paso do tempo e da importancia da memoria con tramas, nalgún caso, de pescuda case policial; ou inter xeneracional, do avó que nos conta o que viviu co seu avó, o pintor de paredes que compartiu vida e maxia cun pintor artista. A memoria está ateigada de interesantes recovecos, de sorprendentes recunchos: á volta de esquina menos pensada pode aparecer unha marabilla.

Tratándose dun libro en castelán, debería facer o meu comentario en castelán. Vai na lingua que me ensinaron os meus pais porque creo que todo o que está en perigo de extinción merece especial atención, sobre todo no caso dunha lingua que nos están a furtar día a día, coa xente que morre, coa xente que emigra, coas institucións que non a protexen abondo.

5 comentarios:

luis ramos dijo...

Gracias por la información, así escrita en tu lengua materna. A mi me agrada leerlo, creo entender todo, y esta presentación del libro de Gavilanes me deja ganas de comprar y leer el libro.
Mil gracias Brumoso!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Compartir las lecturas que gustan siempre es un placer, que tú también practicas a menudo.
saludos

Álex dijo...

Muchas gracias Javier buscaré aquí un par de ejemplares, la lectura es un gran regalo. Y si es buena, ni te cuento!!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Uno de los relatos ya lo conoces; los otros no desmerecen en absoluto. Para mí, Emilio Gavilanes, está siendo todo un descubrimiento.

Javier Lopez Rodríguez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.