sábado, 14 de abril de 2012

Recarallo: Catro pitas galegas, Cocorota y compañía, falando en turco!






















Pois é certo, e acompaño imaxe para descridos: coincidindo coa séptima edición de Catro pitas en castelán, que sempre se titulou Cocorota y compañía, a historia apareceu agora publicada en turco por una editorial de longo e complicado nome: Final Kultur Sanat Yayinlari. Estas catro pitas naceron a raíz dun comentario compasivo da miña irmá Fernanda, que tivo a ben meterse entre as súas plumas para lamentar a súa mala sorte: "Cutadiñas, sempre querendo encher o niadeiro e sen poder conseguilo nunca". Agora levan unha vida longa e chea de sorte, polo menos para min. Doce anos pondo ovos. En Galicia, en galego. En castelán en España, en Venezuela (publicado pola filial de Edebé) e en Estados Unidos, onde foi editado o libro por Houghton Mifflin, en Boston, en 2003. E agora, en Turkía. Como dicía aqueloutro: Quen agardaba esto?

3 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Noraboa pola internacionalización ( carallo co palabro) das túas escritas.
Pensei que non era quen de entrar no teu blog, pois xa tempo atrás, saiu, mais no me deixaba entrar.
Repito; Parabens.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Obrigadinho, veciño. O que non se agarda, gózase máis. Esta é unha desas pequenas cousas que alegran as preocupacións destes tempos escuros.

Lady dijo...

Muy bien, enhorabuena por la nueva traducción!! Estos reconocimientos seguro que sientan de maravilla!!