domingo, 22 de abril de 2012

Cando había traballo para todo o que o buscaba

Tempos aqueles en que había traballo para todo o que o buscara e onde o buscara! Este era en Torrejón de Ardóz, en marzo de 1977. Interesante curro na montaxe de xigantescas esferas para hidrocarburos. Supoño que resistirán.
Eu non resistín moito; tiven que deixar o choio para non verme na obriga de converterme en esquirol.
Daquela comezou a miña breve experiencia de vendedor de libros de porta en porta, en Valencia, en Cordoba e en Sevilla. Pero esa é outra historia, máis aventureira e gratificante, e tamén hai algunha foto.

2 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Non é mau contalo. Algúns xa non o cuntan.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Exacto. Mentres esteamos, recordemos e contemos.
Saúde