viernes, 2 de diciembre de 2011

Perseguido pola Cidade da Cultura

Despois de tantos anos gozando de Compostela, do Obradoiro e das vellas rúas de pedra, da vista das torres da catedral desde calquera canto dos arredores, agora empezo a ter manía persecutoria coa Cidade da Cultura. Problemas de vivir a tiro de pedra dese cascarolo presumido e baleiro. Ata cando saio para dar un paseo polo monte, en canto me descudo un segundo, aí está a cousa esa, esa gran vergonza.
En tempos pasados, seica a xente pobre pero figurona, ao chegar as navidades encargaba na carnicería as plumas dun pavo, para poder deixalas co caldeiro da basura, que daquela recollía o porteiro na porta de cada piso. Ceaban pescozos de polo ou sardiñas, pero facían ver aos veciños que non faltara o pavo na casa. Teño a impresión de que os galegos somos e seremos ese veciño pobre, por gastar en ornamento o que precisábamos para cubrir necesidades elementais, para dar traballo e servizos elementais. Esa sospeita é a que me persigue.
Culpa miña, desde logo.
Seguramente son un patán, un retrógrado que non entende nada de cultura.

4 comentarios:

Lady dijo...

jaja, pous si, inda recordo unha vez, non hai tanto, unha señora dixome, non digas nin caldo nin pulpo, a naide le importa o que comes...
Outra vez dixeronme, hay que levar roupa nova, non sea que pensen que non temos pra vestir... ¿Pero, a xente fijase nesas cousas??
Son rarezas culturais que hay que aceptar en nos mismos, pero tamén nos outros.
(Perdona po lo meu galego, xa sabes...)

Javier Lopez Rodríguez dijo...

O teu galego está perfecto, dígocho eu, que levo moitos anos de inmersión.
Os galegos temos unha gran cidade da cultura, un gran monumento dun gran arquitecto. Vestimos un traxe de luxo, pero vésenos, por riba, a gorra cotrosa do aldeán, no peor sentido do termo (que xa deberían ter moitos dos que nos gobernan a cultura popular, de raíz, que teñen moitos aldeáns galegos)

Xabres da Teixeira dijo...

Como vives a un tiro de pedra dese enxendro, eu recomendote que todalas mañas le tires tres, o fin dun tempo habera un amilladoiro que tapará o mausoleo do Sr. Fraga.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Se me collen tirando gogazos igual me reservan un apartamento nas catacumbas. Haberá que mirar para outro lado.