viernes, 25 de noviembre de 2011

Soño con famentos comendo pernas de potentados

Título principal: "Ponga un mayordomo en su vida", que da entrada a un gran reportaxe sobre unha escola de criados para potentados. Tema central: Cen regalos de luxo. Por exemplo: un sombreiro de 590 euros, un bolso de pel de cocodrilo por 28.300, unha nevera con wifi por 3.500 euros, unha Leica con ribetes de pel de avestruz por 10.000, zapatos de pel de cocodrilo entre 1.050 e 9.500 euros, lámpadas por 150.000, un reloxo de pulseira por 579.900 (menos de 580.000 euros, ollo!). Outros asuntos: guías para visitar lugares paradisíacos no cabo do mundo.
¿Cal é o nome da revista?
Podería ser Fóra do Mundo, pero só é "Fuera de serie", o suplemento semanal dun dos principais xornais económicos españois. Entendo que é un suplemento necesario para os lectores, que pasarán media vida moi ocupados en amasar cartos e máis cartos, caia quen caia. Os acaudalados precisan ideas para gastar os cartos que seguen gañando a mancheas mentres medio mundo pasa fame e o outro medio está temendo que veñan días sen ter que comer. Este exemplar co maiodormo en portada é algo especial porque se achega a Navidade e os que máis teñen teñen que gastar máis do que acostuman gastar (e dar algunha limosna tamén, se aínda lles quedan unhas arestas de conciencia). Pero sempre está nesta liña. Seguro que é a que lles gusta, a que precisan, o que cubre a principal necesidade de información dos potentados e compañías: onde gastar.
Se tivese que seguir a pé da letra as indicacións das sagradas escrituras, tería que sacar os ollos. Prefiro non seguilas. Prefiro agardar. Soñar cos ollos abertos escenas macabras. De potentados que espertan cando grupos de famentos xa lles roeron unha perna, ou así.

7 comentarios:

Elena dijo...

Gustoume. Vou cambiar a frase " Se tes fame, come un brazo" por "Come un brazo de potentado".

Xabres da Teixeira dijo...

Amigo: Xa empezo a estar canso de despotricar contra o sistema. Coido que a maioria da xente, coma sempre, vai por outros vieiros diferentes os meus.A culpa solo é miña. Creo que somos masoquistas.
¡Oes!, ¡sabes que se está a argallar unha policía mais ou menos europea, como forza de represión alí onde haxa manifestación tipo DRY?.Daran leña fora do pais de cada un.Así non teran cargo de conciencia, logo.
Unha aperta.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Elena, de momento será mellor tirar daquel consello que dicía que o corazón dunha pulga, sabéndoo preparar, da pra comida e almorzo e inda queda pra cear. O brazo do potentado habíanos ser indixesto. E un brazo, mortal de necesidade.
Bicos

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Xabrés, se os rebeldes coma ti claudican, daquela si que estamos perdidos. Temos que berrar, temos que usar palabras como mazos. Ya sabes que a pluma sempre foi máis forte que a espada. A maioría dos medios están controlados, é certo, pero hoxe todos estamos na nube, ¿non se di así?, libres para denunciar e tamén para soñar.

Álex dijo...

Javier, muy buena la entrada, por suerte hay mucha gente que escribe, lo hace bien y no está comprada... A ver si montamos entre todos un periódico libre que no esté en venta y de tirrada nacional, aunque sería en castellano, podemos traducir al gallego vosotros, al catalán yo... jajaja
Xabrés, la policia estará llena de altos cargos y mandos amigos de ya sabes quien y encima,para reprimir, pero más triste es que aún quedan muchas malas noticias como esta que recibir...
Elena, estoy contigo, tú te comes uno do potentado y yo el otro , a ver como hace para ahogar ese!! Pero nos tenemos que poner de acuerdo, a ver a por quién vamos eh?? jajaja.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Aunque también tienen sus riesgos y servidumbres,Lady, los periódicos libres y poderosos ya están en las redes sociales. Son el contrapoder. Los periódicos de siempre, siempre acaban vendidos a alguien... o cerrados.

Álex dijo...

Una pena, ahora lo sufrimos aquí, parece ser que la información rápida es la real, pero milagrosamente, luego, a media mañana tienen órdenes de cambiar la noticia, lamentablemente por medias verdades, mentiras enteras y disfraces imposibles!

( Cuando sea rica te nombro director de mi periódico jeje ;) )