sábado, 19 de noviembre de 2011

A colleita dos cocomelos

Nunca ata hoxe conseguirá achar tanto cocomelo tan lonxe de Brumoso. Foi nas proximidades da Cidade da Cultura, nos territorios aínda non colonizados polo formigón e o asfalto. En Santiago de Compostela, a sabia natureza é tan xenerosa como en calquera sitio, a pouco que llo permitan.
Os cocomelos non son os mazarocos que aparecen entre os afetos e as xestas da nosa terra, son cocomelos de prado e de borda de camiño, pero alegráronme a tarde. Nunca un paseo tan pouco esforzado me dera un resultado tan fructífero. Só me quedou pena por non dalo paseo dous días antes, porque non me caberían na bolsa os que tiven que deixar por estaren xa pasados.
O cubo verde non é unha nova especie de seta. É un artista convidado.

4 comentarios:

Xabres da Teixeira dijo...

Cuis alliños, unha pizca de sal, fritidos con un bon aceite, e comelos gorentando un viño de Amadi.
Ui rapaz, xa case cenei.
Apertas.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Eu comín tanto (grelos con chourizo do bo), que vou ter que cealos mañá. Saúdos

Álex dijo...

Mmmm grelos con chourizo, cocomelos, viño... Vos sondeis muy maus!! Os que estamos lonxe non temos desas cousas!!! Quero caldo de verzas!!

Javier Lopez Rodríguez dijo...

En Cataluña hai moito restaurante galego, estoy seguro. O que pasa e que os prezos serán de luxo, como corresponde se o produto é como debe. Non pretendía aguzarche os dentes. Por certo, e falando de cogumelos, o 24 de decembro achei un no alto do facho, de camiño cara ó alto do Ladiairo. Nunca antes, tan cerca do fin do ano!