No fin do pasado verán chegou Santiago, un dos primeiros ocupantes; chegou camiñando polo seu propio pé e acadou certa fama a partir das edicións locais dos xornais.
Este ano, por Todos os Santos, o alcalde de Fisterra chegou a admitir que o residente podería seguir alí, "se non fai dano". Non fixo dano, que se saiba, pero non sabía que a licenza para vivir non lle daba seguridade de atopar a entrada aberta se decidía irse uns días a visitar outros lugares. Cando o ocupante Santiago quixo volver a ocupar o seu nicho, atopou a entrada selada. Terá que conformarse con estender o seu saco nos exteriores, máis exposto aos elementos, moi activos, por outra parte, na Costa da Morte.
"O cemiterio de Fisterra é para que o disfruten tamén os vivos", dixo o arquitecto hai un par de anos. Pero estábase a referir a gozar do efecto arquitectónico sobre a paisaxe.
Polo demais, se non estás morto, non podes vivir alí. Se estás morto, tampouco; de momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario