jueves, 31 de marzo de 2011

Que dixo que había restricións de crédito?

Estaba convencido de que conseguir un crédito era pouco menos que imposible. Estaba seguro de que era certo, que non hai financiamento en ningures para ninguén, nin particular nin empresario nin emprendedor. Ata que me chegou a proba do contrario. Seica teño un préstamo ao meu dispor, para o que eu queira.

Se quito o nome da entidade que me fai tan xenerosa oferta é por medo a que alguén se me adiante. Igual se acaban os cartos.

3 comentarios:

Lete F. dijo...

Cudado, que os datos tachados ainda transparentan.

Xabres da Teixeira dijo...

A min tamén me ofreceron diñeiro cun xuro moi baixo, exactamente o (-0,5%) so lo que cantidade non me viña demasiado ben. Ofrecianme 0,00100000 €, e eu quería 0,O5000 €.

Javier Lopez Rodríguez dijo...

Vi que se podía ver, Lete, pero creo que non me importa que se lles agoten os cartos prestando a outros que lles merezan máis crédito. A duda non é pedir crédito; a duda e se convén sacar o pouco que hai aforrado e correr o risco de que se molle por metelo no colchón. Xabrés, con eses escasos vimes que semellan necesariso, mesmo nós poderíamos montar un banco e ofrecer préstamos un pouco máis xenerosos, aínda que fose a un xuro algo más elevado.